O adeus dun fillo
Filme de 1944 dirixido por Keisuke Kinoshita
O adeus dun fillo (陸軍 Rikugun) é un filme xaponés dirixido por Keisuke Kinoshita que se estreou en 1944. Está protagonizado por Chishū Ryū e Kinuyo Tanaka. É coñecido pola súa escena final, que os censores xaponeses da segunda guerra mundial atoparon problemática.
O adeus dun fillo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 陸軍 Rikugun |
Director | Keisuke Kinoshita |
Produtor | Kenichiro Yasuda |
Guión | Tadao Ikeda |
Baseado en | Historia de Shohei Hino |
Intérpretes | Chishū Ryū Kinuyo Tanaka Kazumasa Hoshino |
Fotografía | Yoshio Taketomi |
Estudio | Shochiku |
Estrea | 1944 12 de abril de 2009 (TVG) |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Estreouse en galego o 12 de abril de 2009 a través da TVG.[1]
Sinopse
editarNo ano 1896, o Xapón está inmerso na invasión de Manchuria.[2][3] O neno de dez anos Tomuhiko xúralle a seu pai, que está a piques de morrer, que de maior será coma el e servirá ó emperador. A partir dese intre, o único obxectivo do rapaz será alistarse no exército e seguir o exemplo de seu pai.
Personaxes
editar- Chishū Ryū como Tomohiko (adulto)
- Kinuyo Tanaka como Waka
- Kazumasa Hoshino como Shintaro
Notas
editar- ↑ "Programación da TVG". Diario SIglo XXI. 11 de abril de 2009. Archived from the original on 25 de setembro de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ Jacoby, A. (2008). A Critical Handbook of Japanese Film Directors. Stone Bridge Press. ISBN 9781933330532.
- ↑ Anderson, J.L. (1982). The Japanese Film: Art and Industry. Princeton University Press. pp. 136, 206. ISBN 9780691007922.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- O adeus dun fillo na IMDb (en inglés).