O Vencello Mahián
O Vencello Mahián foi un periódico de Bastavales (Brión) que se publicou entre 1932 e 1933 como órgano da Unión Agrícola do Val da Mahía.
CaracterísticasEditar
Subtitulado Defensor de todas las colectividades agrarias de La Mahía, apareceu en maio de 1932. Publicación centrada nas cuestións referidas á parroquia de Bastavales e ao Sindicato Agrícola desta parroquia. Empregaba o castelán e contaba con artigos de actualidade e tamén históricos, en galego só apareceu o poema "Campanas de Bastavales" de Rosalía de Castro. Imprentábase en Vigo, na Litografía e Imprenta J. Rial. O último número coñecido é o 5, publicado o 5 de xaneiro de 1933.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Duen de Bux, ed. Prensa agraria en Galicia. Ourense. pp. 234–235. ISBN 84-932078-3-7.
- Liñares Giraut, X. Amancio; Lista Liñares, Omayra (2007). TresCtres, ed. Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX. Ames. pp. 122–124. ISBN 978-84-935562-7-3.