O Salgueiro, Prado de Limia, Muíños

lugar da parroquia de Prado de Limia, no concello de Muíños

O Salgueiro é unha aldea da parroquia de Prado de Limia, no concello de Muíños. Atópase despoboada. É propiedade da Xunta de Galicia e forma parte do Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés. Está dentro da Reserva da Biosfera Xurés - Gerês. Emprégase coma aula para a mocidade e foi o lugar desde onde se introduciu a cabra montesa novamente nos montes do Parque Natural.

O Salgueiro

Casa restaurada.
ParroquiaPrado de Limia
ConcelloMuíños
Coordenadas41°53′52″N 7°58′48″O / 41.89765833, -7.97996944
Poboación0 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]

A aldea da montaña

editar

A aldea de Salgueiro é un lugar de alto valor ecolóxico e etnográfico que está na vertente norte da serra do Xurés, no val do río Salas, situada a 1.030 metros de altitude. Foi abandonada polos seus moradores a mediados do século XX e actualmente é propiedade da Xunta de Galicia.

O camiño de Prado a Salgueiro lévanos á cruzar o val do río Salas por antigas pontes, que durante anos resistiron as enchentes do río agora regulado.

Salgueiro é unha mostra da estrutura dunha poboación de montaña. Está dentro da zona de protección especial do parque natural, sendo unha área de acceso restrinxido, polo que para a súa visita se precisa dunha autorización.

Mantendo a memoria

editar

Os traballos de restauración e recuperación de actividades tradicionais para favorecer a súa transmisión entre as distintas xeracións son parte das actividades fomentadas polo parque natural. Nesta tarefa resultou fundamental a colaboración dos veciños de Prado. Os traballos de recuperación da aldea completáronse co pequeno roteiro etnográfico de Salgueiro.

A conservación da fauna

editar

En Salgueiro tamén existe un recinto que forma parte do programa de reintrodución da cabra montesa, utilizado para a aclimatación das cabras antes da súa liberación nos montes do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.

Aldea de Salgueiro

editar

Unha aldea na natureza

editar

No século XX Salgueiro converteuse nun lugar inhóspito para o home, e quedou abandonado. Con todo, como medio natural é un lugar privilexiado. Baixo as diversas formas de protección, entre elas parque natural e reserva da biosfera Gerês-Xurés desenvólvense aquí varios traballos de recuperación ambiental.

Despois do seu abandono e sufrir un gran incendio, Salgueiro e os seus terreos foron adquiridos pola Xunta de Galicia para converterse nun modelo de desenvolvemento sustentable como a primeira aldea ambiental de Galicia.

O Xurés alberga unha fauna moi variada: a cabra montesa, a aguia real e os anfibios.

A malla

editar

A separación do gran e a palla

editar

O gran de centeo era a base da alimentación en Salgueiro, posto que coa súa fariña se elaboraba o pan. A malla facíase na eira e colaboraba nela todo o pobo e tamén os veciños de ao redor.

A mecanización dos labores agrícolas fixeron innecesarias tarefas tan duras como a malla.

A malla en Salgueiro

editar

A malla facíase en agosto, e era unha tarefa moi ardua. Veciños de diferentes aldeas axudábanse para realizala. Nela separábase o gran de cereal da palla cos golpes do mallo. A semente gardábase en tullas da casa, e ao longo do ano se levaba ao muíño para facer fariña. A palla empregábase como alimento para o gando e tellado para as casas.

O forno

editar
 
Forno.

A transformación do cereal en pan

editar

O forno de Salgueiro, como o muíño, era comunal e ía "a rolda", de veciño en veciño. Con cada fornada rematábase o ciclo dunha partida de cereal.

Cando chegaban pobres a Salgueiro a pedir esmola adoitaban quedar no forno. Era un lugar quente no que durmir, e os veciños dábanlles caldo ou outra comida. Debido á súa vida itinerante, a visita dos mendicantes era fonte de noticias doutros lugares nesta apartada aldea.

Recuperar para valorar

editar

Unha contorna natural e humana singular.

editar

Iniciou entón unha restauración parcial para darlle uso educativo, recreativo e de investigación ambiental, e dar a coñecer a cultura e as tradicións propias deste lugar.

As actuacións

editar

Preténdese que a rehabilitación quede o máis integrada posible no contexto e a contorna, polo que se utilizaron os elementos propios do lugar. Na actualidade están rehabilitadas once casas, así como outras edificacións de interese patrimonial e etnográfico: muíño, eira, forno e a capela da aldea.

Unha aldea apartada

editar

Salgueiro, lonxe no espazo e no tempo

editar

Foi sempre unha das aldeas máis illadas do Xurés, rodeada por esta serra agreste. De orixe probablemente medieval, amasou riquezas coa produción de carbón. Mais a súa situación a 1.000 metros de altitude, a falta de electricidade, o seu mal acceso e o fin do uso do carbón como fonte de enerxía propiciaron o seu abandono na metade do século XX.

As festas eran o 13 de xuño, por ser Santo Antonio o seu patrón.

Os oficios en Salgueiro

editar

Salgueiro foi unha aldea agrícola e gandeira, na que moitas tarefas se facían en común. Pero máis que nada foi terra de carboeiros, oficio que trouxo moito diñeiro á aldea e tamén penurias, pois era un traballo escravo e esgotador.

 
Vivenda antiga.

Casas de Salgueiro

editar

As vivendas eran de dúas plantas e as palleiras para os apeiros, dunha soa planta e sen xanelas. O tellado era de colmo (palla de centeo). Son sobrias pero de boa cantaría, proba do diñeiro que tiña a aldea, que foi coñecida como "banco do Xurés". Xente de aldeas veciñas subía ata aquí a pedir préstamos.

Alvariza

editar
 
Alvariza.

A produción de mel non era unha actividade principal, pero varios dos seus veciños posuían colmeas nas aforas da aldea. Arredor delas alzábase a alvariza: un forte muro circular, que as protexía dos ataques dos osos.

editar

É escenario da novela A agonía das folerpas de Óscar Reboiras Loureiro.[1]

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Prado de Limia

editar
Lugares da parroquia de Prado de Limia no concello de Muíños (Ourense)

Albite | Prado | Reparade | O Salgueiro


Parroquias de Muíños

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Muíños

Barxés (Santa María) | Cados (Santa María) | Couso de Salas (Santiago) | Farnadeiros (San Pedro) | As Maus de Salas (Santa Baia) | Muíños (San Pedro) | Parada de Ventosa (San Pedro) | Porqueirós (Santo André) | Prado de Limia (San Salvador) | Requiás (Santiago) | Souto de Limia (Santa María) | Xermeade (San Miguel)

  1. "A agonía das folerpas". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-12-06. 


Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Kami. (2016) Ruta Torrente a Salgueiro. Serra do Xurés. Más rutas y menos rutinas. Recuperado de: [1]
  • Alonso de Dios, Alberto. (s.d.) Galicia Máxica. Recuperado de: [2]
  • Rodríguez, V. (27.10.2009) Salgueiro, en el corazón del Xurés. Faro de Vigo. Recuperado de: [3]