Abrir o menú principal

Diego Antonio Cernadas Castro

(Redirixido desde "O Cura de Fruíme")

Diego Antonio Cernadas y Castro, máis coñecido como O Cura de Fruíme, bautizado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1702[1] e finado en Fruíme (Lousame) o 30 de marzo de 1777, foi un sacerdote e escritor galego en lingua galega e lingua castelá.

Diego Antonio Cernadas Castro
O cura de Fruíme.jpg
O cura de Fruíme
Nacemento18 de marzo de 1702
 Santiago de Compostela
Falecemento30 de marzo de 1777
 Fruíme
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e sacerdote católico
Xénerosprosa e verso
Estudosteoloxía
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi fillo de Antonio Zernadas, escribán da Universidade de Santiago de Composela, e de María de Castro. Coma o seu pai, adoitaba escribir o seu primeiro apelido con zeta (Zernadas). Foi bautizado na Igrexa de San Frutuoso de Santiago. Estudou latín cos xesuítas, foi ordenado sacerdote e acadou o grao de bacharel en Teoloxía pola USC o 31 de xaneiro de 1729. Tomou posesión do curato de Fruíme con 28 anos, manténdose na parroquia ata a súa morte.

Escribiu obras en prosa e en verso en defensa de Galicia e das inxustizas en xeral. Foi arcipreste de Posmarcos de Arriba, gañou un premio poético en Murcia, e fomentou na parroquia o cultivo do millo. Escribiu obras de teatro sinxelas, coas que ensinaba a ler á veciñanza e explicaba algúns dos misterios da relixión.

 
Escultura do Cura de Fruime.

Os seus restos, atopados en 1958, consérvanse na capela das Dores da igrexa parroquial de San Martiño de Fruíme, baixo unha lápida cunha loanza dos veciños. Na súa honra leva o seu nome o CPI de Lousame, construído en 1977 no lugar da Silva.[2]

ObrasEditar

Logo da súa morte imprimíronse en Madrid as súas Obras (1778-1781), coleccionadas polos seus amigos en sete volumes.[3]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Herrera Navarro, Jerónimo. "Diccionario Biográfico Español" (en castelán). Real Academia de la Historia. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  2. CPI plurilingüe Cernadas de Castro Xunta de Galicia.
  3. Ibarra, J., ed. (1988) [1778-1781]. Obras del cura de Fruíme (facsímile). 7 vols. Lugo [Madrid]: Alvarellos. ISBN 84-85311-74-4. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar