O Cuco de Velle

músico e taberneiro galego

Claudio González Añel, máis coñecido como O Cuco de Velle, nado en 1916 na parroquia de Santa Marta de Velle (Ourense) e finado na mesma aldea o 8 de marzo de 1993, foi un taberneiro e músico galego de recoñecida sona.

Traxectoria editar

Comezou a súa andaina, nos anos trinta e corenta do século XX, tocando o acordeón polas festas da contorna ourensana, como Luintra, Vilar de Barrio ou Castro Caldelas. Participou durante cincuenta anos na Coral de Ruada onde foi solista de barítono.[1] A fama chegoulle coa apertura da taberna A Palleira en Velle, rexentada por el mesmo, recibía todos os domingos grandes masas de persoas que se achegaban a degustar unha ración de polbo e unha cunca de viño da propia colleita do Cuco. Alí naceu a Charanga do Cuco de Velle, formación coa que levou a música tradicional por toda Galiza. A charanga estaba composta por doce ou quince compoñentes,[2] que empregaban diversos instrumentos: gaitas, clarinetes, acordeóns, guitarras, tambores, bombos, pandeiretas, cunchas, botellas, etc.[3].

Homenaxes editar

Recibiu varias homenaxes, entre as que podemos salientar dúas: unha en vida do Cuco, no ano 1988; outra, xa unha vez finado, no ano 2005.

Na homenaxe do ano 1988 colocóuselle unha placa co nome del a unha rúa da aldea de Velle e no mesmo participaron numerosas autoridades e veciños da aldea.

Na homenaxe do ano 2005, que foi organizada pola Comisión de Festas da súa aldea natal, fíxose un certame coas Bandas de Músicas máis importantes da provincia, entre as que podemos destacar:

Discografía, coa Charanga do Cuco de Velle editar

  • Na Palleira (1980, Dial Discos, producido por Suso Vaamonde).
  • San Saturniño
  • Boa saúde 1992
  • Rosiña
  • A Porcona
  • A La Habana
  • Mamita
  • San Benitiño
  • Mexunxe
  • Trullada da Vendima
  • O paraugas do Xosé (a máis destacada e coñecida de toda a súa obra).

Notas editar

  1. Región, La (2019-10-13). "Los amores que unió O Cuco de Velle". La Región (en castelán). Consultado o 2021-08-28. 
  2. Región, La (2015-10-13). "Inolvidable Cuco de Velle". La Región (en castelán). Consultado o 2021-08-28. 
  3. Ruidiaz, Armando Rodriguez. "La Rumba de Galicia" (en inglés). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar