O Castro, Pereira, O Pino
Coordenadas: 42°53′19.2″N 8°23′56.1″O / 42.888667, -8.398917
O Castro é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Os seus habitantes están incluídos dentro do número que o IGE determina para o lugar da Alta de Pereira[1].
O Castro | |
---|---|
![]() Casarío do Castro | |
Parroquia | Pereira |
Concello | O Pino |
O Castro fai xunto aos lugares da Alta de Pereira e da Igrexa un triángulo poboado dunhas 23 hectáreas. O Castro estríbase entre o monte de Castro, que acada os 347 m de altitude, e a Pena do Raposo, que chega aos 372 m, que fan fronteira co concello de Touro. Cara ao norte, oriéntase cara á bacía dun regato que nace poucos metros antes e que apenas 1.400 m despois desauga no Brandelos, polo que o camiño que o cruza en dirección á Alta de Pereira salva unha pendente algo acusada cara abaixo.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de PereiraEditar
Lugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá |