O Ameneiral, Pereira, O Pino
O Ameneiral é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Os seus habitantes están incluídos dentro do número que o IGE determina para o lugar do Amenal[1].
O Ameneiral | |
---|---|
![]() Casa con leira e hórreo do Ameneiral | |
Parroquia | Pereira |
Concello | O Pino |
Coordenadas | 42°53′19″N 8°23′56″O / 42.888666666667, -8.3989166666667 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Polo Ameneiral pasa o Camiño Francés a Santiago, a poucos metros de chegar á ponte sobre o rego do Amenal, afluente do río Brandelos. O seu casarío está disperso, concentrándose un maior número de construcións xusto antes de chegar ao Amenal, nunha superficie dunhas 5,5 hectáreas. O resto do casarío estríbase ou ben na ladeira sur do monte do Castro de Amenal, seguindo a curva de nivel xunto ao Camiño, ou ben xunto á N-547[2].
Esta poboación conta cun par de exemplos de hórreos tipo O Pino, un deles preto da ponte sobre o rego do Menal e o outro case no centro xeográfico do casarío.
Etimoloxía
editarEste lugar coincide na mesma área xeográfica co lugar do Amenal e os regos do Amenal e do Menal, que pasan a poucos metros, sempre ao carón do Camiño Francés. Etimoloxicamente semellan ter raíces parecidas. Tendo isto en conta, a orixe deste termo pode vir:
- do fitónimo ameneiro (alnus glutinosa), do latín vulgar *AMINARIU, derivado da forma celta ameia, que significa "a carón do río", porque é aquí onde abundan[3]. Posiblemente a palabra ameneiral sexa un topónimo abundancial que se refera a un conxunto de amieiros[4]. Neste último sentido os devanditos topónimos O Amenal e O Menal virían a abundar no mesmo sentido, polo que teriamos tres topónimos de orixes idénticas uns ao lado dos outros
- do hidrónimo ame-nale, que significa "meseta ou regato tranquilo"[5], ou da raíz céltica am- que derivaría nun amena- e pode significar "leito de río, gabia"[6]
Galería de imaxes
editar-
Casarío do norte do Ameneiral, preto do rego do Menal
-
Casa antiga de cachotería ao norte do lugar
-
Detalle de casa antiga de cachotería
-
Casarío do sur do Ameneiral
-
Camiño Francés ao seu paso polo Ameneiral
-
Camiño Francés ao seu paso polo Ameneiral
-
Vista da ponte sobre o rego do Amenal
-
Regato que vai desde O Ameneiral cara o rego do Amenal
Lugares e parroquias
editarLugares de Pereira
editarLugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá |
Parroquias do Pino
editarNotas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021.
- ↑ Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.
- ↑ Fernández Salgado, Benigno (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 25. ISBN 84-8288-752-1. Consultado o 27-8-2020.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Guías A-Z. Editorial Galaxia. p. 268. ISBN 978-84-9865-092-1. Consultado o 27-8-2020.
- ↑ Mateo Sanz, Gonzalo (xullo de 2018). "La naturaleza en la toponimia española (II)". Flora Montibérica (71): 39. ISSN 1138-5952.
- ↑ Moralejo, Juan José (2010). "Topónimos celtas en Galicia". Paleohispanica. Revista sobre lenguas y culturas de la Hispania Antigua (en castelán) (10 (Serta Paleohispanica in honorem Javier de Hoz)): 101–102. ISSN 1578-5386.