Orbiting Solar Observatory

(Redirección desde «OSO C»)

Orbiting Solar Observatory ou OSO foi unha serie de observatorios espaciais solares da NASA lanzados entre 1962 e 1969.[1][2]

OSO 5.

Características

editar

Os satélites OSO eran observatorios espaciais adicados a estudar o Sol no rango do ultravioleta, os raios X e os raios gamma. Tamén estudou fontes galácticas nese rango de lonxitudes de onda.[1][2]

Os satélites estaban deseñados cun sistema de dobre xiro que permitía apuntar algúns instrumentos con precisión ao Sol mentres que outros podían estudar outros obxectos. Os observatorios OSO descubrieron os Buratos coroais, fixeron as primeiras observacións orbitais da Gegenschein e estudaron por primeira vez desde órbita a coroa solar e os campos magnéticos solares e a súa relación coa actividade solar.[1][2]

Construíronse oito satélites OSO, un dos cales (OSO B) foi destruído nunha explosión antes do lanzamento na que morreron varios técnicos. OSO C fallou en chegar a órbita debido a problemas no seu foguete lanzador, un Delta C.

Historial de lanzamentos

editar
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
OSO 1 7 de marzo de 1962 Delta Éxito
OSO B N/A Delta C Destruído antes do lanzamento.
OSO 2 3 de febreiro de 1965 Delta C Éxito
OSO C 25 de agosto de 1965 Delta C Fallo
OSO 3 8 de marzo de 1967 Delta C Éxito
OSO 4 18 de outubro de 1967 Delta C Éxito
OSO 5 22 de xaneiro de 1969 Delta C1 Éxito
OSO 6 9 de agosto de 1969 Delta N Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "OSO" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OSO 1, 2, C, 3, 4, 5, 6" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar