Orbiting Astronomical Observatory

(Redirección desde «OAO B»)

Orbiting Astronomical Observatory ou OAO foi unha serie de observatorios espaciais dos Estados Unidos.[1]

OAO-3 antes do lanzamento.

Características editar

Os satélites OAO foron os primeiros observatorios astronomómicos ópticos dos Estados Unidos. Lanzáronse catro entre 1966 e 1972, cun deles sen chegar a órbita por problemas co seu foguete lanzador. A experiencia obtida cos satélites OAO levou máis tarde a desenvolver o telescopio Hubble.[1]

OAO 1 editar

OAO 1 foi lanzado o 8 de abril de 1966 a bordo dun Atlas SLV-3B Agena D. Cunha masa de 1774 kg, estaba alimentado por paneis solares e deseñado para facer observacións de precisión sobre as características de emisión e absorción de planetas, nebulosas e do medio interplanetario e interestelar na rexión visible e de raios gamma. O observatorio funcionou durante os sete primeiros minutos tras ser posto en órbita. Un curtocircuíto masivo avariou o sistema eléctrico, co que tras 20 órbitas a misión foi declarada fallada.[2]

OAO 2 (Stargazer) editar

OAO 2, nomeado tamén como Stargazer, foi lanzado o 7 de decembro de 1968 a bordo dun Atlas SLV-3C Centaur D. Tiña forma de octaedro, unha masa de 2012 kg, usaba paneis solares e levaba dos conxuntos de experimentos a bordo: o Wisconsin experiment package (WEP), consistente en varios fotómetros para diferentes lonxitudes de onda, e o Celescope, consistente en catro cámaras Schwarzschild independentes.[3]

OAO B (Goddard) editar

OAO B foi nomeado Goddard en honor a Robert Goddard, un pioneiro da astronáutica. Foi lanzado o 30 de novembro de 1970 mediante un Atlas SLV-3C Centaur D pero a cofia da última etapa non se separou, deixando o observatorio inutilizado.[4]

OAO 3 (Copernicus) editar

OAO 3 foi nomeado Copernicus e lanzado o 21 de agosto de 1972 mediante un Atlas SLV-3C Centaur D. Tratábase dun telescopio para o ultravioleta xunto con tres telescopios de raios X. O observatorio tiña forma octogonal, cun diámetro interno de 1,21 m, unha lonxitude de 4,9 m e alimentado por paneis solares. O observatorio deixou de funcionar en febreiro de 1981, tras nove anos e medio de misión.[5]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2][3][4][5] Data de lanzamento[1][2][3][4][5] Foguete lanzador[1][2][3][4][5] Notas[1][2][3][4][5]
OAO 1 8 de abril de 1966 Atlas SLV-3B Agena D Éxito
OAO 2 7 de decembro de 1968 Atlas SLV-3C Centaur D Éxito
OAO B 30 de novembro de 1970 Atlas SLV-3C Centaur D Éxito
OAO 3 21 de agosto de 1972 Atlas SLV-3C Centaur D Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "OAO" (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OAO 1" (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OAO 2 (Stargazer)" (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OAO B (Goddard)" (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "OAO 3 (Copernicus)" (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar