Nyhavn

Porto e canle de Copenhague

Coordenadas: 55°40′48″N 12°35′25″L / 55.67987, 12.59041

Nyhavn (literalmente, “Porto Novo”, pronunciado en dinamarqués ˈnyhɑʊ̯ˀn) é unha canle e peirao convertido en paseo marítimo e zona de lecer do século XVII situado en Copenhague, Dinamarca. Esténdese dende Kongens Nytorv até o porto, xusto ao sur do Teatro Real. Caracterízase polas fachadas de vivas cores dos seus edificios e hostais, contruídos entre os séculos XVII e comezos do XVIII. Noutrora zona de feira de peixe, tabernas e prostitución, hoxe está ateigado de bares, cafetarías e restaurantes, sendo o lugar turístico máis visitado de toda Dinamarca. Serve como un "porto patrimonial", e ten moitos barcos históricos de madeira.

As fachadas de cores do Nyhavn

Historia editar

Nyhavn foi construído polo rei Cristián V entre 1670 e 1673, escavado por prisioneiros de guerra suecos da Guerra sueco-dinamarquesa de 1658–1660. É unha porta de entrada ao centro da cidade dende o mar, por Kongens Nytorv (Praza do Rei), onde os barcos levaban a mercaduría e as capturas dos pescadores. Salientou noutrora pola cervexa, mariñeiros e a prostitución. O escritor dinamarqués Hans Christian Andersen morou en Nyhavn durante 18 anos.

A primeira ponte sobre Nyhavn abriu o 6 de febreiro de 1875. Era unha pasarela temporal de madeira.[1] Foi substituída pola ponte actual en 1912.[2]

 
A canle.

Mentres os barcos transoceánicos facíanse máis grandes, Nyhavn pasou a ser dominado por pequenos barcos de carga dinamaqueses. Tras a segunda guerra mundial o transporte por terra asumiu este papel e desapareceu o tráfico de pequenos barcos do Porto de Copenhague, deixando Nyhavn practicamente sen buques.

A mediados da década de 1960, creouse a Sociedade Nyhavn (en dinamarqués, Nyhavnsforeningen) co obxectivo de revitalizar Nyhavn. En 1977 o alcalde de Copenhague Egon Weidekamp inaugurou Nyhavn como un porto museo.

A áncora memorial editar

 
A áncora memorial ao final de Nyhavn

O grande áncora memorial (en dinamarqués, Mindeankeret) ao final de Nyhavn, onde se atopa con Kongens Nytorv, é un monumento que conmemora os máis de 1700 oficiais e mariñeiros dinamaqueses en servizo para a Mariña, a frota mercante ou as Forzas Aliadas, que sacrificaron as súas vidas durante a segunda guerra mundial. A áncora inaugurouse en 1951, substituíndo unha cruz temporal de madeira erixida no lugar en 1945, e unha placa cun monograma do Rei Federico VII nela. A áncora Memorial é de 1872 e usouse na fragata Fyn (Funen), que estivo atracada na base naval de Holmen durante a segunda guerra mundial. O 5 de maio de todos os anos (día da liberación de Dinamarca en 1945) celébrase na áncora memorial unha cerimonia oficial para honrar e conmemorar aos caídos.[3]

Notas editar

  1. "Nyhavns Bro under nedbrydning". Københavns Museum. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2012. 
  2. "Nyhavns historie" (en dinamarqués=). Nyhavns Skipperlaug. Consultado o 2 de xaneiro de 2011. 
  3. "Nyhavn". Copenhagen Portal. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2009.