Nuova Pallacanestro Gorizia

O Nuova Pallacanestro Gorizia foi un club de baloncesto italiano con sede na cidade de Gorizia, Friúl-Venecia Xulia. Fundado no ano 1999, foi o herdeiro da Unione Ginnastica Goriziana, club que participou durante anos na máxima categoría do baloncesto italiano. Desapareceu no ano 2010.

Nuova Pallacanestro Gorizia
Información xeral
Alcume UGG
Fundación 1934
Refundación 1999
Desaparición 2010
Historia U. G. Goriziana (1934-1990)
Cores           Azul, branco
Localización
Cidade Italia Gorizia, Italia
Pavillón PalaBigot
Capacidade 4.730

Historia editar

A Union Ginnastica Goriziana foi fundada no ano 1868, sendo estabelecida a sección de baloncesto oficialmente en 1934.[1] O equipo consegue chegar en 1952 á Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, permanecendo nela durante dúas temporadas. Posteriormente a Goriziana xogaría outras cinco temporadas na Serie A nos anos 1960 (1961-62, 1963-65, 1966-67, 1969-70) sen conseguir nun permanecer dúas temporadas consecutivas. A partir de 1975 e aré 1984, o club alternou continuamente entre a Serie A e a Serie A2, permanecendo a continuación de na segunda divisón até 1998. Tras un novo ascenso á Serie A, aínda que consegue manter a categoría, vende os seus deportivos ao Scavolini Pesaro, pasando a xogar na terceira divisón. O equipo comeza o seu camiño na Serie B1 cun novo nome: Nuova Pallacanestro Gorizia. Porén, os éxitos deportivos non acompañan, e tras descender á Serie C en 2010, o propietario do equipo négase a seguir financiando o club, o que propicia a súa desaparición.

Patrocinadores editar

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Zoppas Gorizia (1961–1962)
  • Unione Ginnastica Goriziana (1962-1964)
  • Splugen Brau Gorizia (1966-1970)
  • Patriarca Gorizia(1975–1976)
  • Pagnossin Gorizia (1976-1980)
  • Tai Ginseng Gorizia (1980-1981)
  • San Benedetto Gorizia (1981–1984)
  • Segafredo Gorizia (1984-1988)
  • San Benedetto Gorizia (1988–1990)
  • Brescialat Gorizia (1994-1996)
  • Dinamica Gorizia (1996-1997)
  • S.D.A.G. Gorizia (1998-1999)

Notas editar

  1. Basso, Davide (22 de marzo de 2015). "A causa della crisi il grande basket non c’è più". Il Piccolo (en italiano). Consultado o 10 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar