Nuestras madres

filme de 2019 dirixido por César Díaz

Nuestras madres é un filme belga-guatemalteco de 2019 dirixido por César Díaz. Conta a historia dun antropólogo forense en Guatemala que investiga a desaparición do seu pai, un loitador da guerrilla que desapareceu nos anos 80. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde Díaz gañou a Cámara de Ouro.[1]

Nuestras madres
Ficha técnica
Título orixinalNuestras madres
DirectorCésar Díaz
IntérpretesEmma Dib
EstreaFestival de Cannes: 21 de maio de 2019
Duración78 minutos
OrixeBélxica Bélxica
Guatemala
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt9206516 Filmaffinity: 584380 Allocine: 273647 Editar o valor em Wikidata

Nuestras madres foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2] Recibiu seis nomeamentos ós Premios Magritte, incluíndo mellor filme e mellor director para Díaz, gañando finalmente o premio ó mellor filme.[3]

Sinopse editar

En Guatemala comeza o xuízo dos oficiais militares que iniciaron a guerra civil. Os testemuños das vítimas continúan a chegar. Ernesto, un mozo antropólogo da Fundación Forense, identifica persoas desaparecidas. Un día, a través da historia dunha anciá, cre atopar unha pista que lle permitirá localizar o seu pai, un guerrilleiro que desapareceu durante a guerra.

Notas editar

  1. Variety (ed.). "Bong Joon-ho’s ‘Parasite’ Wins the Palme d’Or at Cannes". Consultado o 23 de agosto de 2019. 
  2. Keslassy, Elsa. Variety, ed. "Oscars: Belgium Sends Cannes Prizewinner ‘Our Mothers’ to International Feature Film Race". Consultado o 23 de agosto de 2019. 
  3. Dricot, Lucy (1 de febreiro de 2020). RTBF, ed. "Découvrez le palmarès complet de la 10e cérémonie des Magritte du cinéma" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2020. Consultado o 1 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar