O noven foi unha antiga moeda castelá de billón cuñada por Sancho IV. Utilizáronse nos séculos XIII e XIV e XV.

Historia editar

 
Moeda de Sancho IV. Rei de Castela, Toledo, Galiza, León, Córdoba, Murcia, Xaén e Sevilla.

Sancho IV, fillo e sucesor de Afonso IX, cuñou os denominados diñeiros coroados ou "cornados", dez dos cales facían un marabedí, e equivalían a nove diñeiros de conta, de aí a súa denominación como novenes.

Sábese pola documentación do privilexio concedido á vila de Lorca para cuñar moeda no ano 1297, que os diñeiros novenes do tempo de Fernando IV (sucesor do rei Sancho) tiñan un peso de 0.87 gramos e unha lei de 167 milésimas mentres que os coroados de Sancho IV pesaban 0.87 gramos e a súa lei era maior, 250 milésimas.

No ano 1305 fíxase o valor dos "cornados" de Sancho IV en 15 diñeiros de conta, o cal se manterá durante todo o século XIV, polo que deixan de equivaler aos diñeiros novenes. Seis destas novas moedas equivalen a un marabedí.

No século XV continúan aparecendo referencias os diñeiros novenes na documentación, se ben a moeda miúda é xa maioritariamente a chamada branca (con valor de cinco diñeiros novenes ou medio marabedí) e a media branca.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • MacKay, Angus, Moneda, precios y política en la Castilla del siglo XV, Granada, 2006.
  • Francisco Olmos, José María de, "La moneda de la Castilla bajomedieval. Medio de propaganda e instrumento económico", pp. 277-348.