Notacantiformes

(Redirección desde «Notacanthiformes»)

Os Notacantiformes (Notacanthiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos Elopomorfos (Elopomorpha), que comprende especies de peixes mariños con forma de anguía, chamados anguías espiñosas e halosaurios.

Halosaur spp

Características editar

Aletas pectorais en posición relativamente alta; aletas pélvicas en posición abdominal, con 7-11 radios, habitualmente conectadas por unha membrana. Aleta anal de base longa, unida ó que queda da caudal. Vexiga natatoria presente. Algunhas especies teñen fotóforos.

Clasificación editar

ITIS considérao como a suborde Notacanthoidei, da orde Albuliformes. Outros autores, como FishBase, baseándose na desaparición da aleta caudal, considérannos orde propia.

Divídese en dúas familias:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar