Nordés (vento)

vento procedente do nordés que sopra en Galiza durante calquera época do ano

Nordés é un vento procedente do nordés que sopra en Galiza durante calquera época do ano.

Características editar

Xérase en calquera punto do país por mor dalgún anticiclón proveniente dalgún punto do oeste ou do noroeste, é dicir, cando se activa unha fronte de altas presións nalgunha das devanditas localizacións. Daquela, o nordés atravesa Galiza no sentido das agullas do reloxo.

No inverno, o nordés ofrece baixas temperaturas, ao contrario que no verán, xa que nesta época adoita ir vencellado a anticiclóns de tipo subtropical, de altas temperaturas. Nestes casos acostuma aumentar a súa velocidade.

Triángulo dos 30 editar

O nordés pode converterse nun factor de alto risco para os incendios forestais se coinciden as tres condicións meteorolóxicas coñecidas como o "triángulo dos 30": * unha alta velocidade do aire (30 km/h ou máis), o que favorece a ignición forestal; unha baixa humidade (30% ou inferior); e unha alta temperatura (30 °C ou máis).

En Galiza, o nordés é especialmente perigoso na provincia de Pontevedra por estar situada ao sur do Macizo Central Galego, o que fai que normalmente sexa máis cálido e máis seco. O nordés favoreceu a vaga de incendios forestais de 2006 en Galiza.

Afloramento editar

Boa parte da riqueza das rías occidentais galegas ven do nordés. Estes ventos empuxan as augas superficiais das rías cara ó Atlántico, facendo que as augas frías do fondo da ría, ricas en nutrientes, ascendan cara á superficie nun fenómeno chamado afloramento.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

"El viento del Nordés: el diablo cuando sopla"[Ligazón morta], artigo en Xornal de Galicia, 16 de agosto de 2009 (ligazón rota) (en castelán).