Norberto Uzal

avogado e político galego

José Norberto Uzal Tresandi, nado en Vigo en 1971, é un avogado e político galego, exmembro do Partido Popular de Galicia.

Norberto Uzal
Nome completoJosé Norberto Uzal Tresandi
Nacemento1971
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Concorreu nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 na candidatura de Falange Española Independiente. Foi director da Federación Galega de Municipios e Provincias e asesor xurídico do Concello de Cambados. Foi nomeado director xeral de Administración Local en 2009, cargo do que dimitiu en novembro de 2013.[1] Foi asesor do grupo municipal do PPdeG de Rianxo e nas eleccións municipais de 2015 entrou na candidatura de PPdeG encabezada por Vanessa Martínez e foi elixido concelleiro de Rianxo. En marzo de 2016 dimitiu como concelleiro.[2]

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar