Non chores, Sabeliña

Non chores, Sabeliña é unha zarzuela en composta polo compositor lucense Gustavo Freire en 1943 con libreto en galego de Xosé Trapero Pardo. Segundo di o propio libreto, a obra foi concibida como unha obra para afeccionados, polo que as dificultades técnicas non son grandes. O papel principal na obra recae no coro.

Non chores, Sabeliña
FormaZarzuela
Idioma orixinal do libretoGalego
LibretistaXosé Trapero Pardo
Estrea1992
Teatro da estreaAuditorio Gustavo Freire
Lugar da estreaLugo
Duración40 minutos
Música
CompositorGustavo Freire

Historia e características editar

A obra foi estreada en 1992 nun concerto da Banda Municipal de Lugo e o Orfeón Lucense no que os papeis principais estiveron interpretados por Noemi Mazoy e Moncho García Otero, malia que hai temas que durante moito tempo formaron parte do repertorio da Banda Municipal de Lugo.

O seu libreto foi o primeiro texto publicado nesta lingua logo da Guerra Civil.

Non chores, Sabeliña vén ser o consello do autor experimentado a unha rapaza nova que sofre temporal mal de amores, sabendo que ao remate todo se aclarará e Sabeliña e o seu namorado comprobarán que o amor verdadeiro triunfa sobre todas as dificultades.

Gravacións editar

A primeira interpretación de Non chores, Sabeliña foi gravada pola Radio Galega en 1992, mais non foi ata 2009 cando se realizou unha gravación fiel á partitura orixinal. Esta última gravación correu por parte da Orquestra de Xove, en colaboración coa Coral Lugh e que tivo o seu xermolo nunha interpretación levada a cabo pola orquestra e a coral en 2006.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar