Nomuka
Nomuka é unha illa do grupo Ha'apai ou tamén chamado Grupo Gálvez, no reino de Tonga. Está situada a 105 km ao norte de Tongatapu.
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Ha'apai | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Haʻapai (distrito), Tonga (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Superficie | 7,12 km² | ||||
Xeografía
editarA illa ten unha forma triangular cunha superficie de 7´12 km². Consiste nunha plataforma elevada de coral, cunha altitude máxima de 51 m. A illa contén no interior unha lagoa salgada de 1´5 metros de profundidade. Só a 30 km ao leste atópase o volcán activo de Fonuafo'ou.
A poboación total era de 550 habitantes no censo de 1996.
Illas do grupo Nomuka
editarAo redor de Nomuka localízanse varias illas, case todas elas deshabitadas:
- Nomuka Iki (Pequena Nomuka), localízase a 1,5 km ao sur de Nomuka, separada por unha canle navegable de 500 m de ancho. Ten unha altitude máxima de 45 m.
- Mango 20°20′S 174°43′O / -20.333, -174.717, a 8 km ao sueste de Nomuka. Cunha altitude máxima de 43 m. Na costa norte hai un pobo cunha igrexa e 81 habitantes..
- Mango Iki (Pequena Mango), A 1 km ao oeste de Mango.
- Nukufaiau 20°18′S 174°42′O / -20.300, -174.700, a 3 km ao norte de Mango.
- Luafitu 20°20′S 174°38′O / -20.333, -174.633, é un escollo situado a 7 km ao leste de Mango.
- Nukutula 20°15′S 174°41′O / -20.250, -174.683 é un banco de area de 5,5 m de altitude, situado a 4 km ao norte de Nukufaiau.
- Fonoifua, a 6 km ao leste de Nukutula. Ten 104 habitantes.
- Tano'a, és un illote a 1 km ao sur de Fonoifua,
- O grupo Otu Tolu está formado por catro illas sobre os mesmos escollos, situadas a 24 km ao leste de Nomuka. Son illas baixas e boscosas.
- Fetokopunga 20°18′S 174°32′O / -20.300, -174.533, é a máis setentrional do grupo, situada a 8 km ao leste de Fonoifua, de 17 m de altitude.
- Telekivavau (Teleki do Norte) 20°19′S 174°31′O / -20.317, -174.517, a 1 km máis ao sur, ten 22 m de altitude.
- Telekiha'apai ou Lalona (Teleki do Medio) 20°21′S 174°31′O / -20.350, -174.517, a 2 km máis ao sur, ten 20 m de altitude.
- Telekitonga (Teleki do Sur) 20°24′S 174°32′O / -20.400, -174.533, a 4 km máis ao sur, ten 16 m de altitude.
Historia
editarNomuka foi a primeira illa descuberta do grupo Ha'apai. O holandés Abel Tasman, en 1664, púxolle o nome da cidade holandesa de Rotterdam. O seguinte en chegar foi o inglés James Cook, en 1774, interesado en comprobar os descubrimentos do holandés.
Nomuka foi historicamente importante para os barcos de paso para o abastecemento de auga fresca. Era coñecida con diferentes transcricións do nome indíxena: Anamooka i Anamocka, a parte de Nomuka.