Abrir o menú principal

Noelia Rodríguez

escritora galega

Noelia Rodríguez, nada en Lisboa o 14 de outubro de 1977, é unha escritora galega.

Noelia Rodríguez
NoeliaRodriguez.jpg
Presentación de Sons de baleas
Nacemento14 de outubro de 1977
 Lisboa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta e escritora
XénerosPoesía
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nacida en Lisboa no seo dunha familia galega. Retorna a Galicia con tres anos, e pasa a súa infancia na aldea de Vilameá (Río Caldo, Lobios). Este tempo alimentará a súa linguaxe cunha variante do galego propia da Baixa Limia. Este feito marcará a súa escrita. Sendo estudante en Ourense, comezou a compoñer os seus primeiros escritos, ao tempo que formou parte da creación do Clube Literario Estudantil. Cursou estudos universitarios de Dirección de Empresas e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde continua escribindo e participando do ambiente artístico e literario da capital galega. Neste tempo participa en recitais poéticos e intégrase no Comité Teatro, colaborando de actriz e de co-autora de textos ó longo de tres anos. Colabora con distintos medios tanto con achegas poéticas como con relatos breves. Actualmente reside en Santiago de Compostela.

ObrasEditar

PoesíaEditar

  • Sons de baleas (Edição Calidum, 2003)[1]

Obras colectivasEditar

OutrasEditar

Ten no prelo un segundo poemario: Non te esquezas dos peixes vermellos.

NotasEditar

  1. "Calidum". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar