Nocturna
Nocturna é unha película de animación franco-española de 2007 dirixida e escrita por Adrià García e Víctor Maldonado, e coproducida por Filmax Animation e Gebeka Films.
Nocturna | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Adrià García e Víctor Maldonado |
Produtor | Philippe Garell Julio Fernández |
Guión | Adrià García e Víctor Maldonado |
Música | Nicolas Errèra |
Son | Nostradine Benguezzou Jean Lionel Etcheverry |
Montaxe | Félix Bueno |
Estudio | Filmax Animation Castelao Producciones Bren Entertainment Gebeka Films AnimaKids Productions |
Distribuidora | ![]() ![]() ![]() |
Estrea | ![]() ![]() ![]() |
Duración | 80 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Orzamento | 5.000.000 € |
Lingua | Inglés |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Argumento
editarQue fai a noite tan misteriosa? Que nos fai durmir, soñar e espertar pola mañá cos ollos pechados, a boca seca e o cabelo enredado, cos pés fóra da cama, o pixama ata os xeonllos e unhas ganas incontrolables de ouriñar? Quizais hai alguén nalgún lugar, asegurándose de que todo ocorre como debería? É certo que Tim nunca se fixo estas preguntas, pero dende o momento en que, sentado no tellado do orfanato abandonado, viu como aquela estrela pequena e fráxil caer do ceo, comezou a darse conta de que algo non estaba ben como el imaxinaba.
Elenco de dobraxe
editarPersonaxe | Actor orixinal | Actor de dobraxe |
---|---|---|
Tim | Lloyd F. Booth Shankley | Antía Álvarez Jiménez |
Pastor de gatos | Robert Paterson | Manuel Pombal |
Moka | Toby Harper | Matías Brea |
Estrela Polar | – | Ruth Pazo |
Pi | Joshua Zamrycki | Juan Diéguez |
Neno | – | Beatriz Bravo |
Murmurador | – | Ramiro Taboada |
Murray | Brendan Price | |
Despeiteadora 1 | – | Catherina Martínez |
Despeiteadora 2 | – | Maxo Barjas |
Despeiteadora 3 | – | Maika Aguado |
Voces adicionais | Joe Lewis, Molly Malcolm, and Alex Warner | Julio Lorenzo, Iñaki Baliño, Xosé Tanas, Maika Aguado, Maxo Barjas, Norberto Vilanova, Catherina Martínez, Juan Carballido, Alfonso Agra, Juan Diéguez e Oscar Fernández |
Estrea
editarA película estreouse nos cines de España o 11 de outubro de 2007, onde foi dobrada a catro idiomas. En Francia estreouse nos cines uns días despois o 24 de outubro.
Premios
editar- Mellor película de animación nos VI Premios de Cine de Barcelona[1]
- Goya á mellor película de animación (2008)[2]
- Festival de Cine de Animación de Annecy (2008): Nomeada ao Cristal á mellor película[3][4]
Notas
editar- ↑ "'El orfanato' y 'Ficció' triunfan en los Premios Barcelona de Cine - elmundo.es". www.elmundo.es. Consultado o 2025-01-25.
- ↑ "Nocturna, una aventura mágica - Premios Goya 2024". www.premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 2025-01-25.
- ↑ "'Nocturna' compite en el Festival de Cine de Animación de Annecy". catalanfilms.cat. Consultado o 2025-01-25.
- ↑ CITIA, ©. "Annecy > About > Archives > 2008 > Official Selection > Film Index". www.annecyfestival.com (en inglés). Consultado o 2025-01-25.