Noa Setemuíños

escritora galega

Noa Pérez González, tamén coñedica como Noa Setemuíños,[1] nada en Vigo en 1978, é unha escritora galega.[2]

Infotaula de personaNoa Setemuíños
Biografía
Nacemento(es) Noa Pérez González Editar o valor em Wikidata
1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , profesora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Románica e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago, é profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario.

En O ocaso da familia Portela (2015) segundo Ramón Nicolás "retrata a cidade de Vigo con transparencia, tanto nos seus espazos como nos ambientes sociais, articulando unha crónica intensa que revela segredos e retrata intimidades dunha familia adiñeirada, instalada no bando vencedor e nun período que vai desde a guerra civil ata os anos setenta".[3]

En A pedra de ámbar gris (2021) recrea a baleeira de Massó (Bueu) e a súa época dourada cando as súas conservas eran coñecidas en Europa e en América. Relato de ficción, de onde se entrecruzan as vidas de varios dos seus protagonistas, e como pano de fondo o ascenso e caída da actividade baleeira en Galicia.[4]

Obra editar

Novela editar

  • O ocaso da familia Portela (2015). Rinoceronte Editora, Barbantesa. 122 páxs. ISBN 978-84-94030246. Traducida ao castelán como El ocaso de la familia Portela e publicada en Pulp Books, ISBN 978-8415992165. [5][6] (Como Noa Pérez González)
  • A pedra de ámbar gris (2021). Rinoceronte Editora, Morgante. 312 páxs. ISBN 978-84-15166-86-3. (Como Noa Setemuíños).

Notas editar

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: n". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-01-25. 
  2. "Pulp books". rinoceronte.gal. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-25. 
  3. Nicolás, Ramón (2015-03-28). "O ocaso da familia Portela, de Noa Pérez González". Caderno da crítica. Consultado o 2021-01-25. 
  4. "Edicións Morgante". www.rinoceronte.gal. Consultado o 2021-01-26. 
  5. Lorenzo Gil, César (2015-04-21). "‘O ocaso da familia Portela’. Un nobelón no Vigo franquista". BiosBardia. Consultado o 2021-01-25. 
  6. Atlántico (2015-05-16). "O medrar de Vigo a través da vida da familia Portela". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-01-25.