In the Name of the Father

filme de 1993 dirixido por Jim Sheridan
(Redirección desde «No nome do pai»)

In the Name of the Father é un filme irlandés, dirixido por Jim Sheridan. O filme baséase na historia real de catro cidadáns falsamente acusados e apreixados polo atentado do IRA nun pub de Guilford, no que morreron catro soldados británicos e un civil. O guión foi adaptado da autobiografía Proved Innocent: The Story of Gerry Conlon of the Guildford Four, de Gerry Conlon.

In the Name of the Father
Ficha técnica
Título orixinalIn the Name of the Father
DirectorJim Sheridan
ProdutorJim Sheridan
Gabriel Byrne
Terry George
Arthur Lappin
GuiónTerry George
Jim Sheridan
Baseado enProved Innocent de Gerry Conlon
IntérpretesDaniel Day-Lewis
Pete Postlethwaite
Emma Thompson
MúsicaTrevor Jones
FotografíaPeter Biziou
MontaxeGerry Hambling
EstudioHell's Kitchen Films
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1993
Duración133 minutos
OrixeIrlanda Irlanda
Reino Unido Reino Unido
XéneroDrama
Orzamento$13 000 000[1]
Recadación$65 796 862[2]
Na rede
IMDB: tt0107207 Filmaffinity: 376985 Allocine: 9430 Rottentomatoes: m/in_the_name_of_the_father Mojo: inthenameofthefather Allmovie: v123216 TCM: 79143 Metacritic: movie/in-the-name-of-the-father TV.com: movies/in-the-name-of-the-father Netlix: 624536Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

No Belfast dos anos 70, Gerry (Daniel Day-Lewis) é un moinante que non fai nada de proveito, para desgusto do seu pai Giuseppe (Pete Postlethwaite), un home tranquilo e apoucado. Cando Gerry é ameazado polo IRA por roubar en numerosas ocasións, o seu pai mándao a Inglaterra. Unha vez alí, é acusado de participar nun atentado terrorista e condenado a cadea perpetua xunto cos "catro de Guildford". Tamén o seu pai é arrestado e encarcerado. En prisión, Gerry descobre que a aparente fraxilidade do seu pai agocha en realidade unha gran forza interior. Coa axuda dunha avogada entregada á súa causa (Emma Thompson), Gerry proponse demostrar a súa inocencia, limpar o nome do seu pai e facer pública a verdade sobre un dos máis escandalosos erros legais da historia recente do Reino Unido.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1993: 7 nomeamentos ós Oscar, incluíndo mellor actor (Daniel Day-Lewis), mellor actor secundario (Pete Postlethwaite), mellor actriz secundaria (Emma Thompson), mellor director, mellor montaxe, mellor película e mellor guión adaptado.
  • 1993: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme drama, bso, actor drama e actriz secundaria.
  • 1993: 2 nomeamentos ós BAFTA: Mellor actor (Daniel Day-Lewis) e guión adaptado.
  • 1993: Premios David di Donatello: Mellor filme estranxeiro. 2 nomeamentos.
  • 1994: Oso de ouro no Festival internacional de cinema de Berlín en 1994.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar