No Passion All Technique

No Passion All Technique é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de post-punk Protomartyr, publicado o 8 de outubro de 2012 a través do selo Urinal Cake Records. O disco quedou descatalogado rapidamente, converténdose nun obxecto de coleccionista.[1][2] No mes de maio de 2019 a banda reeditou o álbum con cancións extra.[1][2] A portada do álbum é unha fotografía de J. Robert Oppenheimer.

No Passion All Technique
Álbum de Protomartyr
Publicado8 de outubro de 2012
Gravaciónnovembro de 2011
Duración38:19
Xénero(s)garage rock, post-punk, noise rock
Selo(s)Urinal Cake Records
Producido porProtomartyr
Cronoloxía
- No Passion All Technique Under Color of Official Right
(2014)

Gravación editar

Segundo coa súa páxina de Bandcamp, os membros da banda "entraron por primeira vez xuntos a un estudio de gravación en novembro de 2011 [...] Con só catro horas de estudio reservadas e unha caixa de cervexas entre elas, o seu plan era saír con cancións suficientes para un sinxelo de sete polgadas. En cambio, por suxestión do enxeñeiro Chris Koltay, o equipo recentemente formado de Detroit gravou todo o que puido, no pouco tempo que tiña. Marcharon con 21 cancións — material suficiente para dous sinxelos *e* un álbum completo [...]."[3] Segundo Casey: "A miña memoria está perdida, pero agora, mirando cara atrás, aprecio o cru e improvisado que foi. Hai toneladas de erros e iso non foi porque o planeáramos. Aínda non podemos admitir que sexa tan bo como é. Nunca queres dicir que o primeiro é o mellor, pero estou contento de que non rematase sendo terrible. Deunos a porta do que quixemos facer despois”.[4]

Listaxe de cancións editar

N.º Título Duración
1. "In My Sphere"   3:44
2. "Machinist Man"   2:44
3. "Hot Wheel City"   1:35
4. "3 Swallows"   2:21
5. "Free Supper"   3:12
6. "Jumbo's"   4:28
7. "Ypsilanti"   3:12
8. "Too Many Jewels"   3:51
9. "(Don't You) Call Me Out My Name"   1:06
10. "How He Lived After He Died"   2:54
11. "Feral Cats"   2:51
12. "Wine Of Ape"   1:21
13. "Principalities"   3:40

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Protomartyr finally reissuing first LP 'No Passion All Technique'". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2019-11-13. 
  2. 2,0 2,1 vinylradar (2019-03-05). "Protomartyr reissue debut album". Vinylradar Record Shop Directory (en inglés). Consultado o 2019-11-13. 
  3. "No Passion All Technique, by Protomartyr". Protomartyr (en inglés). Consultado o 2023-12-17. 
  4. Minsker, Evan (2019-03-05). "Protomartyr Reissuing Out-of-Print Debut Album No Passion All Technique". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-12-17.