No Cities to Love

No Cities to Love é o oitavo álbum da banda estadounidense de punk rock Sleater-Kinney, publicado o 20 de xaneiro de 2015 a través do selo Sub Pop Records.[2] É o seu primeiro disco tras unha década de hiato e da edición do seu traballo The Woods en 2005.[3][4] O álbum recibiu boas críticas e foi incluído en varias listas de mellores álbums de 2015.[5]

No Cities to Love
Álbum de Sleater-Kinney
Publicado20 de xaneiro de 2015
Estudio(s)Tiny Telephone Recordings, San Francisco[1]
Duración32:17
Xénero(s)indie rock, post-punk, punk rock
Selo(s)Sub Pop Records
Producido porJohn Goodmanson
Cronoloxía
Start Together
(2014)
No Cities to Love The Center Won't Hold
(2019)

Gravación e edición editar

O álbumm foi gravado en segredo principalmente en Tiny Telephone Recordings, en San Francisco, con sesións adicionais en Electrokitty, Seattle e Kung Fu Bakery, Portland. Foi producido por John Goodmanson.[1][6]

O 22 de decembro de 2014, No Cities to Love foi posto en streaming accidentalmente tres semanas antes pola discográfica da banda, Sub Pop Records.[7] Cara ao día 30 de xaneiro de 2015, dez días despois do seu lanzamento, o disco levaba vendidas 28 000 copias nos Estados Unidos segundo Nielsen SoundScan.[8]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Sleater-Kinney. 

N.º Título Duración
1. "Price Tag"   3:54
2. "Fangless"   3:34
3. "Surface Envy"   3:06
4. "No Cities to Love"   3:05
5. "A New Wave"   3:38
6. "No Anthems"   3:19
7. "Gimme Love"   2:16
8. "Bury Our Friends"   3:23
9. "Hey Darling"   2:25
10. "Fade"   3:37
32:17

Notas editar

  1. 1,0 1,1 The Huffington Post (ed.). "Sleater-Kinney Confirms New Album ‘No Cities To Love’ And 2015 Tour". Consultado o 4 de abril de 2016. 
  2. Sub Pop (ed.). "Sleater-Kinney: No Cities to Love". Consultado o 4 de abril de 2016. 
  3. Pitchfork (ed.). "Sleater-Kinney Return! New Album No Cities to Love! 2015 Tour! "Bury Our Friends" Lyric Video!". Consultado o 4 de abril de 2016. 
  4. The New York Times (ed.). "Sleater-Kinney’s Secret Basement Sessions". Consultado o 4 de abril de 2016. 
  5. Album of the Year (ed.). "Sleater-Kinney - No Cities to Love". Consultado o 4 de abril de 2016. 
  6. Sub Pop (ed.). "It’s official: Sub Pop can keep a secret (Sleater-Kinney to release new record/tour)". Consultado o 5 de abril de 2016. 
  7. Stereogum (ed.). "Sub Pop Accidentally Streamed Sleater-Kinney’s Reunion Album 3 Weeks Early". Consultado o 5 de abril de 2016. 
  8. Billboard (ed.). "Sleater-Kinney Hits New High on Billboard 200 & Top Rock Albums". Consultado o 5 de abril de 2016.