Abrir o menú principal

Nino Khurtsidze, nada o 28 de setembro de 1975 e finada o 22 de abril de 2018 en Tbilisi, foi unha xogadora de xadrez xeorxiana [1].

Nino Khurtsidze
Khurtsidze Nino.jpg
Nome completoNino Khurtsidze
Nacemento28 de setembro de 1975
 Unión Soviética
Falecemento23 de abril de 2018
 Tbilisi
Causacancro
NacionalidadeXeorxia
Ocupaciónxadrecista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Campioa do mundo júnior feminina en 1993 e mais en 1995, tiña o título de mestre internacional (mixto) desde 1999. Gañou o campionato de Xeorxia mixto en 1998, e o campionato xeorxiano feminino cinco veces (1989, 1993, 2005, 2006 e 2013). Chegou a cuartos de final no campionato do mundo de xadrez feminino en dúas ocasións (2001 e 2006). En 2004 rematou segunda no Open de Essen (mixto), detrás do gran mestre internacional ruso Evgeny Shaposhnikov.

O 1 de outubro de 2016 estaba clasificada como o 51º axedrecista do mundo e o número cinco de Xeorxia cunha clasificación Elo de 2415.

Competicións por equipoEditar

Nino Khurtsidze representou a Xeorxia en cinco olimpíadas entre 1998 e 2012, gañando unha medalla de prata por equipo (en 2000), unha medalla de bronce por equipo (en 1998) e unha medalla de ouro individual en 2000. Igualmente participou en tres campionatos do mundo femininos por equipo (2007, 2011 e 2013), gañando a medalla de bronce por equipo en 2011[2].

Notas Editar

  1. "Нино Хурцидзе. 1975 - 2018". chess-news.ru. 22 de abril de 2018. 
  2. Ficha de Nino Khurtsidze en olimpbase.org.