Ninjutsu
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
Ninjutsu (en xaponés: 忍術, ou ninpo (忍法, ninpō), é un sistema de combate xaponés que reúne arte marcial, esquemas tácticos e estratexia e espionaxe, que foi creada polos guerreiro shinobi, máis coñecidos como ninja, que actuaban como mercenarios e espías.[1][2]
Así como sucedeu cos samurais, que adestraban e perfeccionaban as súas habilidades guerreiras para o uso nos tempos belicosos, os ninjas tamén practicaban técnicas de loita nun paradigma semellante. Porén, mentres os samurais eran a elite guerreira e unha clase social e estaban xeralmente a servizo dun gran señor (Daimyo), os ninjas non tiñan a mesma condición e eran máis unha clase escura na sociedade feudal xaponesa.
As técnicas que formaban parte do ninjutsu eran basicamente as mesmas que os outros guerreiros practicaban, como kenjutsu, surikenjutsu, bojutsu, jojutsu, kusarigamajutsu e aínda o jujutsu, mais que neste caso recibía un nome distinto kumiuchi, mais só unha outra denominación da mesma arte, de loita sen armas. Unha outra diferenza era a espada típica do ninja, que era máis curta e recta.[3]
NotasEditar
- ↑ Alves, Roberto (2013). O documento secreto de estratégia shinobi: Shoninki (en portugués).
- ↑ Hermosilla, Juan Carlos Herrera (2012). Nowtilus, ed. Breve historia del espionaje (en castelán). Madrid. p. 61.
- ↑ Cummins, Antony John; Minami, Yoshie (2012). North Atlantic Books, ed. The Secret Traditions of the Shinobi: Hattori Hanzo's Shinobi Hiden and Other Ninja Scrolls (en inglés). Berkeley.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|