Ningún de nós ha volver

libro de Charlotte Delbo

Ningún de nós ha volver (en francés: Aucun de nous ne reviendra) é unha novela da escritora francesa Charlotte Delbo. Trátase do primeiro de tres tomos que constitúen o libro titulado Auschwitz et après. Escribiuno en 1946 e foi publicado case vinte anos despois, en 1965. O seguinte tomo, Une connaissance inutile, publicouse en 1970 e o último, Mesure de nos jours, en 1971.

Ningún de nós ha volver
Título orixinalAucun de nous ne reviendra
Autor/aCharlotte Delbo
OrixeFrancia
LinguaFrancés
ColecciónNova
Tema(s)Narrativa
EditorialGalicia Rinoceronte[1]
Data de pub.Francia 1965
Galicia 2022
Páxinas138
ISBNISBN 978-84-17388-77-5
Seguido porUne connaissance inutile
TraduciónSergio Gómez Blanco
editar datos en Wikidata ]

A autora, a través de capítulos breves que non seguen unha orde cronolóxica, relata a súa experiencia dende que foi deportada a Auschwitz en 1943 até a súa liberación. O libro está escrito en primeira persoa de plural, sendo o "nós" tanto as mulleres foron deportadas con Delbo dende Francia, como os prisioneiros polacos cos que simpatizaba ou os deportados xudeus destinados a morrer rapidamente.

Comezou a escribilo nun caderno uns seis meses despois de volver a Francia, tan pronto como mellorou de saúde.[2] Pasou o manuscrito a limpo[3] e levouno consigo en tódalas viaxes que fixo durante vinte anos antes de decidirse a publicalo en 1965.

En marzo de 2022 foi traducido ao galego por Sergio Gómez Blanco e publicado pola editorial Rinoceronte.

Argumento

editar

Segundo Marie-Claude Vaillant-Couturier, que foi deportada con ela, Charlotte Delbo describe neste libro as impresións que tivo durante a súa deportación. Relata en particular as horas que pasaba de pé ao frío durante a revisión da lista, ou a anguria creada pola sede extrema que adoitaba sentir no campo de concentración.

  1. rinoceronte.gal (ed.). "Ningún de nós ha volver". Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  2. Émission Nous autres sur France Inter publicado o 25 de xaneiro de 2013.
  3. Hatzfeld, Jean (17 de maio de 2014). "L'Urgence Charlotte Delbo". Le Monde des livres. Consultado o 4 de xaneiro de 2023. .

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Charlotte Delbo : une voix singulière de Nicole Thatcher, L'Harmattan, 2003

Ligazóns externas

editar