Ninetjer
Ninetjer foi o terceiro faraón da segunda dinastía de Exipto; reinou c. 2785-2742 adC (von Beckerath).
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 3000 a. C. ![]() |
Morte | 2845 a. C. ![]() |
Faraón | |
![]() | |
Título real no antigo Exipto
| |
Actividade | |
Ocupación | estadista ![]() |
Período de tempo | Antigo Exipto, Período tinita e Segunda Dinastía de Exipto ![]() |
Outro | |
Título | Faraón ![]() |
Familia | Segunda Dinastía de Exipto ![]() |
Pai | Raneb ![]() |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Tabela de Saqqara ![]() |
Manetón denomínao Binotris (Xulio Africano) ou Biofis (Eusebio de Cesarea) e atribúelle 47 anos de reinado.
A Pedra de Palermo menciona a celebración de numerosas festas relixiosas, a realización do empadroamento e dun censo de gando (cada dous anos).
Continúa a política de desprazamentos cara ao norte do país, iniciada polos seus antecesores, como forma de consolidar a unificación emprendida polo primeiro faraón Menes.
Manetón comenta que durante este reinado lexislouse que as mulleres podían exercer o poder real.
Testemuños da súa época
editar- Impresións de selo nunha galería preto da pirámide de Unis en Saqqara; quizais o lugar do enterro de Ninetjer (Hassan) (Wilkinson).
- Impresións de selo nunha gran tumba de Giza (Petrie).
- Impresións de selo, tumbas 2171 e 2302 en Saqqara (Quibell).
- Inscricións de Helwan (Saad).
Predecesor: Raneb |
Faraón Segunda dinastía |
Sucesor: Weneg |