Nina Pacari

política e avogada indíxena ecuatoriana

Nina Pacari Vega Conejo, nada como María Estela Vega Conejo, nada en Cotacachi, Imbabura o 9 de outubro de 1961, é unha avogada, dirixente indíxena e política ecuatoriana de orixe kichwa.

Infotaula de personaNina Pacari

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Estela Vega Conejo Editar o valor em Wikidata
9 de outubro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Cotacachi Canton, Ecuador (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Minister of Foreign Affairs of Ecuador (en) Traducir
15 de xaneiro de 2003 – 6 de outubro de 2003
National Assembly Deputy (en) Traducir
10 de agosto de 1998 – 4 de xaneiro de 2002 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNina Pacari Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central do Equador (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , xuíza , avogada , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPachakutik Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e linguas quechuas Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

É a primoxénita de oito irmáns, quen á súa vez se encargou da educación de todos.[1] Os seus estudos primarios realizounos na escola Santísimo Sacramento de Cotacachi, os seus estudos secundarios recibiunos no colexio Luis Ulpiano de la Torre o ciclo básico e o diversificado, no Instituto Alfredo Pérez Guerrero de San Pablo de Lago.[1]

Foi inscrita como María Ronsel, pero á idade de 24 anos cambiou oficialmente os seus nomes casteláns polos kichwas Nina Pacari (do kichwa nina "lume", "luz", e paqariy "aparecer", "amencer": "lume do amencer").[1][2]

Estudou xurisprudencia na Universidade Central de Ecuador, en Quito, onde obtivo o título de doutora en xurisprudencia, aí coñeceu a outros estudantes indíxenas e comezou a loitar polos dereitos dos indíxenas e a defensa da lingua kichwa.

Nina Pacari colaborou como avogada na Federación dos pobos Kichwa da Serra Norte de Ecuador (FICI), unha organización en Imbabura que agora é membro de ECUARUNARI. Despois foi avogada de comunidades kichwas na provincia de Chimborazo.

En 1989, fíxose conselleira xurídica da confederación indíxena CONAIE, fundada en 1986. No levantamento de 1990 apoiou ás comunidades indíxenas en Chimborazo e participou nas negociacións co goberno. En 1994, elaborou un proxecto de lei agraria contra o proxecto do presidente Sixto Durán Ballén, que debido á resistencia dos labregos non foi realizado.

En 1997, foi representante da provincia de Chimborazo na asemblea nacional e colaborou na elaboración da nova constitución. En agosto de 1998, foi elixida ao Congreso Nacional de Ecuador como primeira muller indíxena, membro do Movemento Pachakutik.

No goberno de Lucio Gutiérrez en 2003 foi a primeira muller indíxena de América Latina en ocupar un posto como ministra de relacións exteriores, mais deixou o goberno xunto co ministro de agricultura Luis Macas.

En maio de 2007 foi elixida xuíza do Tribunal Constitucional, hoxe Corte Constitucional.[3]

Dende o ano 2017, ofrece os seus coñecementos na primeira Escola Itinerante de Dereito Kichwa do Instituto de Ciencias Indíxenas Pacari, onde ensina sobre o seu propio dereito.[4] Nina Pacari é docente da mestría en Dereito Constitucional que se dita na Universidade Indoamérica.[5]

Obras editar

  • Las cultures nacionales en el estado multinacional ecuatoriano. Antropología, cuadernos de investigación 3 (novembro de 1984): 113-22.
  • Los indios y su lucha jurídico-política. Revista ecuatoriana de pensamiento marxista 12 (1989): 41-47.
  • Levantamiento indígena. In Sismo étnico en el Ecuador: Varias perspectivas, editado por José Almeida et al., 169-86. Quito, Ecuador: CEDIME--Ediciones Abya-Yala, 1993.
  • Taking on the Neoliberal Agenda. NACLA Report on the Americas 29,no. 5 (marzo-abril de 1996): 23-32

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Nina Pacari, un ejemplo de tenacidad y lucha - La Hora". Diario La Hora (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  2. "Nina Pacari" (PDF). 
  3. El TC elegido en plancha Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine., El Comercio, 1 de xuño de 2007
  4. Makazaga, Iñaki (17 de xullo de 2017). "La revolución silenciosa de Nina Pacari por el pueblo kichwa". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  5. "Nina Pacari es docente de la Maestría en Derecho Constitucional que se dicta en la Universidad Indoamérica – UTI". Consultado o 7 de marzo de 2019.