Abrir o menú principal

Nina Nikolaevna Berberova (en ruso: Нина Николаевна Берберовa), nada en San Petersburgo o 8 de agosto, ou o 26 de xullo segundo o calendario xuliano, de 1901 e finada en Filadelfia o 26 de setembro de 1993, foi unha escritora rusa que, entre outras cousas, é famosa por narrar a vida dos exiliados rusos en París.

Nina Berberova
Hodasevich Berberova.jpg
Nacemento26 de xullo de 1901
 San Petersburgo
Falecemento26 de setembro de 1993
 Filadelfia
Causacaída
NacionalidadeImperio Ruso, Francia, Estados Unidos de América e Rusia
Ocupaciónescritora, poetisa, crítico e xornalista de opinión
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Filla única de Nikolai Ivanovi Berberov, funcionario do Ministerio de Finanzas e de Natalja Ivanovna Karaulova, a súa historia como escritora comeza en Berlín, máis tarde en París e logo en Estados Unidos como describe na súa autobiografía "Kursiv moi", (Курсив мой, en galego A cursiva é miña) publicada en 1957.

Viviu en París desde 1925 a 1950, ano en que se estableceu nos Estados Unidos, onde traballou para as universidades de Princeton e Yale.

Morreu o 27 de setembro de 1993 por complicacións despois dunha caída.

ObraEditar

  • Мыс Бурь Mys bur. Novela
  • Повелительница (1932) Povelitelnitsa . Novela
  • Аккомпаниаторша : рассказы в изгнании (1935) Akkompaniatorsha : rasskaszy v izgnanii
  • Чайковский (1936) Chaikovskii, biografía.
  • Бородин. (1938) Borodin, biografía
  • Без заката.(1938) Bez zakata
  • Александр Блок и его время (1947) Aleksandr Blok i ego vremaia, biografía
  • Облегчение участи. (1949) Oblegchenie uchasti
  • Дело Кравченко. История процесса, Delo Kravchenko. Istoriia protsessa
  • Курсив мой (1972) Kursiv moi. Autobiografía
  • Железная женщина (1981) Zhelesnaia zhenshchina
  • Стихи (1984) Stikhi
  • Люди и ложи. (1986) Loidi i lozhi
  • Биянкурские праздники. Buiankurskie prasdnikui
  • Cniornaia bolezn