Abrir o menú principal
Nihil novum sub sole.

Nihil novum sub sole é unha locución latina que significa literalmente "Nada novo baixo o sol". Con esta locución quérese expresar o sentido cíclico da vida, onde todas as experiencias e todos os acontecementos, por moi novidosos e orixinais que parezan, xa existiron previamente.

A orixe do termo provén da Biblia[1] , onde se inclúe esta máxima, que na súa formulación completa di: "O que foi iso mesmo será; o que se fixo iso mesmo se fará": Non hai nada novo baixo o sol! O acento nihilista que nega a novidade no mundo está na raíz do poema homónimo, "Nihil novum sub sole"[2], de Miguel de Unamuno, sobre todo nos versos finais:

De ti desecha vanas ilusiones;

a un porvenir marchamos que fue gastado ya por otros;
no me atrevo con engaño a guiar tu vida;
tropezamos con el pasado al avanzar, todo es renuevo;
los en brote y los secos son los mismos ramos,
lo que ha de ser ha sido ya, nada hay de nuevo.

(Rosario de sonetos líricos, CXXIII).

NotasEditar

Véxase taménEditar