Nicole Fiorentino

música estadounidense

Nicole Fiorentino, nada en 1979 en Ludlow, Massachusetts, é unha baixista estadounidense.

Nicole Fiorentino
Data nacemento7 de abril de 1979 (45 anos)
Nado enLudlow, Massachusetts
CónxuxeMeghan Toohey
Ocupaciónmúsica
Instrumento(s)baixo
Relacionado conThe Smashing Pumpkins, Veruca Salt, The Cold and Lovely, Light FM, Radio Vago, Spinnerette, Twilight Sleep
Tempo en activo2006 - actualidade
Na rede
http://nicolefiorentino.net/
IMDB: nm2912210 Facebook: NicoleFiorentinoOfficial Twitter: xocoleyf MySpace: nicolefbass Musicbrainz: 457b35ea-51b5-4d47-823a-1cab827d0fd2 Discogs: 910250 Allmusic: mn0002328191 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

No ano 2010 foi elixida como baixista da banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins, substituíndo a Ginger Reyes. Nicole está traballando no novo álbum da banda, Teargarden by Kaleidyscope, e tamén xirará co grupo.

Antes de unirse a The Smashing Pumpkins tocou nas bandas Radio Vago (que xirou con artistas coma Yeah Yeah Yeahs, Sleater-Kinney, The Mars Volta, The Donnas, The Breeders ou Andrew WK), Veruca Salt, Spinnerette, e as bandas locais dos Ánxeles Twilight Sleep e Light FM. Tamén ten un proxecto paralelo coa multi-instrumentista Meghan Toohey chamado The Cold and Lovely.

En febreiro do 2011 Billy Corgan posteou no seu Twitter, e tamén foi posteado no Facebook da banda, que Nicole afirma ser unha das dúas nenas da portada do Siamese Dream, pero que non o dixo antes por se non lle permitían entrar na banda[1][2].

Notas editar