Nicolas Léonard Sadi Carnot
Nicolas Léonard Sadi Carnot, nado en París o 1 de xuño de 1796 e finado o 24 de agosto de 1832, correntemente chamado Sadi Carnot (Sadi é o seu único nome propio mencionado no rexistro civil, Nicolas Léonard son nomes de bautismo), foi un físico e enxeñeiro francés.
Nicolas Léonard Sadi Carnot | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de xuño de 1796 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 24 de agosto de 1832 |
Lugar de falecemento | París |
Causa | Cólera |
Soterrado | Cimetière ancien d'Ivry-sur-Seine |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Escola Politécnica, Conservatoire national des arts et métiers, Lycée Condorcet e Lycée Charlemagne |
Ocupación | matemático, físico, engenheiro militar e enxeñeiro |
Pai | Lazare Carnot |
Irmáns | Lazare Hippolyte Carnot |
Coñecido por | Ciclo de Carnot e Teorema de Carnot |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Non publicou máis que un único libro: Réflexions sur la puissance motrice du feu et sur les machines propres à développer cette puissance ("Reflexións sobre a forza motriz do lume e sobre as máquinas apropiadas para desenvolver esta forza"; París, 1824), no que explica o que sería a obra da súa vida. Nela puxo as bases dunha disciplina enteiramente novidosa, a termodinámica. Naquela altura, o termo non existía, aínda que sería William Thomson, Lord Kelvin, quen o cuñase a mediados do século XIX.
Porén, é Sadi Carnot, quen, a pesar da imprecisión dalgúns dos conceptos que empregou, como a teoría do calórico e o axioma da conservación da calor, creou esta ciencia tan fundamental tanto desde a perspectiva teórica como pola súa fecundidade de aplicacións prácticas. Carnot formulou a exposición razoada do motor térmico e máis os principios básicos segundo os cales calquera central enerxética, calquera automóbil, calquera motor a reacción, é concibido hoxe. Salientabelmente, esta xénese elaborouse cando ningún predecesor definira aínda a natureza e extensión do asunto. Apoiándose en preocupacións puramente técnicas, como o melloramento dos rendementos da máquina de vapor, a evolución intelectual de Sadi Carnot foi orixinal e anunciou evolucións importantes que xurdirían nunha época crucial para a ciencia moderna.