Nicolaas Beets
Nicolaas Beets, nado en Haarlem o 13 de setembro de 1814 e morto o 13 de marzo de 1903, foi un escritor, teólogo e predicador neerlandés.
(1884) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1814 Haarlem, Países Baixos |
Morte | 13 de marzo de 1903 (88 anos) Utrecht, Países Baixos (en) |
Causa da morte | Morte natural (Hemorraxia cerebral ) |
Rector of Utrecht University (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Relixión | Protestantismo |
Educación | Universidade de Leiden |
Actividade | |
Ocupación | poeta , catedrático , escritor , historiador da igrexa , tradutor , teólogo , profesor universitario |
Período de actividade | 1829 - 1903 |
Empregador | Universidade de Utrecht. Q62416118 (1875–1883) , change of teaching mandate (en) |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Hildebrand |
Lingua | Lingua neerlandesa |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Fillos | Dirk Beets (pt) , Cornelis Beets, Jacoba Elisabeth Beets (en) , Ada Geertruida Beets (en) |
Pais | Martinus Nicolaas Beets (en) e Maria Elisabeth de Waal Malefijt (en) |
Premios | |
Traxectoria editar
Nicolaas Beets era fillo dun boticario. Entre 1833 e 1839 estudou teoloxía na Universidade de Leiden. En 1840 a igrexa reformada neerlandesa destínao como pastor a Heemstede, durante o seu ministerio fundou unha escola primaria. En 1854 foi destinado a Utrecht. De 1874 a 1884 foi profesor de historia do cristianismo na Universidade de Utrecht.
A súa obra máis coñecida é Camera Obscura, unha colección de relatos que publicou co pseudónimo de Hildebrand cando era estudante, en 1839. Durante os anos seguintes continuou engadíndolle historias, a edición definitiva data de 1851. Publicou moitas outras obras como Jose. Een Spaansch verhaal (1834), Guy de Vlaming. Een verhaal (1837) ou Ada van Holland. Een gedicht (1840).
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nicolaas Beets |