Nico González

futbolista galego

Nicolás González Iglesias, nado na Coruña o 3 de xaneiro de 2002, é un futbolista galego, que xoga de centrocampista no Porto, da Primeira Liga de Portugal.

Nico González
Información persoal
Nome Nicolás González Iglesias
Nacemento 3 de xaneiro de 2002
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,88 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Porto
Número 16
Carreira xuvenil
Montañeros
2013–2020 FC Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2021 FC Barcelona B 27 (0)
2021–2023 FC Barcelona 27 (2)
2022–2023 Valencia 26 (1)
2023– Porto 6 (0)
Selección nacional
2018–2019 España sub-17 7 (0)
2021– España sub-21 9 (0)
Na rede
Instagram: nicogonzalez_8 UEFA: 250123952 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de novembro de 2023.
Selección: actualizado a 1 de novembro de 2023.editar datos en Wikidata ]

É fillo do histórico capitán do Deportivo da Coruña, Fran, e sobriño do tamén exfutbolista José Ramón.

Traxectoria editar

Comezos editar

Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Montañeros CF, ata que foi fichado polo FC Barcelona para a súa canteira. Chegou ao club catalán en 2013, con 11 anos, ingresando primeiramente no Infantil B.[1] Foi subindo polas diferentes categorías do Barça, e conquistou o título de liga co Infantil B (2013/14), o Cadete B (2015/16), o Cadete A (2016/17) e o Xuvenil A (2019/20).[2]

FC Barcelona B editar

O 19 de maio de 2019 debutou co filial, o FC Barcelona B, nun encontro fronte ao Castellón, na derradeira xornada da Segunda división B.[3]

Comezou a tempada 2020/21 con ficha no equipo xuvenil, pero xogou de xeito habitual co filial, e en febreiro de 2021, xa convertido nun fixo nas aliñacións do adestrador blaugrana García Pimienta, pasou a ser a todos os efectos xogador do filial.[4][5] En maio de 2021 o club renovou o seu contrato por tres tempadas, establecendo unha cláusula de rescisión de 500 millóns de euros.[6]

FC Barcelona editar

O 15 de agosto de 2021 debutou co primeiro equipo do FC Barcelona na primeira división, na primeira xornada da tempada 2021/22 contra a Real Sociedad no Camp Nou, entrando como substituto de Sergio Busquets no minuto 83.[7] Un mes e medio despois xogou o seu primeiro partido como titular, colocándoo Ronald Koeman no equipo inicial nunha vitoria por 3-0 contra o Levante.[8] O 29 de setembro fixo o seu debut na Liga de Campións, disputando a media hora final na derrota por 3-0 contra o Benfica no Estádio da Luz.[9] Marcou o seu primeiro gol como profesional o 12 de decembro do mesmo ano, nun partido de liga contra o Osasuna no Sadar.[10]

En xaneiro de 2022 foi subido definitivamente ao primeiro equipo, e completou a tempada cun total de 37 partidos, 17 deles como titular, e 2 goles.

En agosto do mesmo ano o club renovou o seu contrato ata 2026, aumentando a súa cláusula de rescisión ata os 1.000 millóns de euros, e para a tempada 2022/23 foi cedido ao Valencia, adestrado por Gennaro Gattuso.[11]

Valencia editar

Debutou co equipo valenciano na primeira xornada ante o Girona e marcou o seu único gol coa camiseta ché tres semanas despois diante do Getafe. En decembro sufriu a fractura do quinto metatarsiano do pé esquerdo, lesión que o obrigou a pasar polo quirófano e que o afastou durante varios meses dos terreos de xogo.[12] Con todo, reapareceu a un gran nivel en marzo de 2023 e fíxose rapidamente coa titularidade, na que se mantivo ata o final da tempada.[13] Completou o seu paso polo Valencia cun total de 26 partidos e un gol.

Porto editar

En xullo de 2023 confirmouse o seu traspaso ao Porto de Portugal, por 8,5 millóns de euros, sendo unha petición do técnico Sérgio Conceição.[14] Disputou o seu primeiro encontro co club na Primeira Liga na primeira xornada, sendo titular na vitoria por 1-2 sobre o Moreirense no Parque Joaquim de Almeida Freitas.[15]

Selección española editar

O 8 de outubro de 2021 debutou coa selección española sub-21, nun encontro fronte a Eslovaquia.[16]

Notas editar

  1. Centeno, Alexandre (11 de decembro de 2012). "Nicolás, rumbo a La Masía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  2. "Presente y futuro: Nico". www.fcbarcelona.es (en castelán). Consultado o 2022-01-30. 
  3. "Nico, el hijo de Fran, debuta con el Barça B". Sport (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  4. Centeno, Alexandre (1 de febreiro de 2021). "Nico González, el hijo de Fran, pasa a tener ficha del Barça B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  5. Martínez, Ferrán (14 de abril de 2021). "En el Barça alucinan con la explosión de Nico González". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  6. Martínez, Ferran (12 de maio de 2021). "Nico González renueva tres temporadas y 500 millones de cláusula". Mundo Deportivo. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  7. "Nico González, hijo del deportivista Fran, debuta con el Barça en partido oficial". Diario de Pontevedra (en castelán). 16 de agosto de 2021. Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  8. "Primera titularidad del gallego Nico González con el primer equipo del Barça". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de setembro de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  9. "Luis de la Fuente premia o bo inicio de tempada de Nico González convocándoo para xogar coa sub-21". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  10. Sans, Gabriel (12 de decembro de 2021). "Nico se estrena como goleador ante Osasuna como Ansu e Ilaix". Mundo Deportivo. Consultado o 14 de decembro de 2021. 
  11. "Oficial: Nico, renovado hasta 2026 y cedido un año al Valencia". Mundo Deportivo (en castelán). 13 de agosto de 2022. Consultado o 23 de setembro de 2022. 
  12. Teruel, Javi (1 de xaneiro de 2023). "Nico González pasará por el quirófano". As (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  13. Sanchís, Nacho (13 de marzo de 2023). "Nico González deslumbra en su regreso: "Del once titular ya no te saca nadie"" (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  14. "Nico González se 'desinfla' en el Oporto en la previa de la visita del Barça" (en castelán). 30 de setembro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  15. "Nico debuta con victoria en el Oporto". Sport (en castelán). 15 de agosto de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  16. "Nico debuta con la Rojita y contribuye a una frenética remontada". Sport (en castelán). 8 de outubro de 2021. Consultado o 8 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar