Nicasio Pajares

escritor galego
(Redirixido desde "Nicasio Pajares Ojeros")

Agapito Francisco Nicasio Pajares Ojeros, coñecido como Nicasio Pajares, nado na Trabanca (Padrón) o 11 de decembro de 1881 e finado en Madrid o 26 de abril de 1956, foi un escritor galego.

Nicasio Pajares
Nicasio Pajares Ojeros.jpg
Nacemento11 de decembro de 1881
Lugar de nacementoPadrón
Falecemento26 de abril de 1956
Lugar de falecementoMadrid
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun militar. Emigrou a Uruguai con 14 anos xunto do seu tío Vicente Pajares, coronel do exército uruguaio. Regresou ao ano seguinte e estudou teneduría de libros. Emigrou a Buenos Aires e empregouse nun comercio, até que decidiu estudar literatura en Rosario. Colaboarou no periódico El Despertar Hispano. En 1906 volveu a Galicia para visitar a súa familia, pero foi detido en Vigo o 3 de agosto por facer manifestacións anarquistas no barco.[1][2] De volta na Arxentina dedicouse ao xornalismo colaborando nas revistas Mundo Argentino (da que foi xefe de redacción), Fomento de la Instrucción Gallega e Fray Mocho. En 1919 regresou de xeito definitivo a España dedicándose a escribir novelas de tema americano e ton humorístico. Tamén colaborou nas revistas La Esfera, Nuevo Mundo, Mundo Gráfico, Alfar e España. Casou en Madrid en 1920 con María Escolano.

Foi enterrado no cemiterio da Almudena de Madrid. En xullo de 2004 as fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela tentaron recuperar a súa obra.

ObrasEditar

  • Teatro de la emigración, 1922.
  • El conquistador de los trópicos, 1923.
  • El pensador de la selva, 1924.
  • Atorrántida, 1929.
  • Don Quijote y el tío Sam, 1930.
  • Como pervirtieron a Palleiros, 1931.

NotasEditar

  1. El Noroeste, 4-8-1906, p. 1.
  2. Noticiero de Vigo, 4-8-1906, p. 2.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar