Nicasio Pérez López

empresario e político galego

Nicasio Pérez López, nado na Coruña en 1832 e finado en Ferrol o 31 de outubro de 1914,[1] foi un empresario e político galego.

Nicasio Pérez López
Nacemento1832
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento31 de outubro de 1914
Lugar de falecementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor e político
FillosNicasio Pérez Moreno
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Consignatario de buques e almacenista de carbón. Foi elixido deputado polo distrito de Ferrol nas eleccións de abril de 1872 e xa na Restauración volveu ser elixido nas eleccións de 1876, 1879, 1881 e 1886. Tamén foi senador. Foi alcalde de Ferrol entre 1885 e 1886. Promoveu o periódico La Monarquía.


Predecesor:
Demetrio Pla Frige
  
Alcalde de Ferrol
 
1885 - 1886
Sucesor:
Juan Francisco Mille
Predecesor:
-
  
Alcalde de Ferrol
 
1895 - 1896
Sucesor:
-

Vida persoal editar

Casou con Josefina Moreno Lorenzo e foi pai de Nicasio Pérez Moreno.

Notas editar

  1. El Correo Gallego, 17-2-1916, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar