Nesnesitelná lehkost bytí

Nesnesitelná lehkost bytí (en galego "a insoportable levidade do ser") é unha novela en lingua checa do escritor Milan Kundera, publicada en 1984.

Nesnesitelná lehkost bytí
Autor/aMilan Kundera
OrixeRepública Checa República Checa
Linguafrancés
Xénero(s)Novela filosófica
Data de pub.1984
editar datos en Wikidata ]

Características editar

A obra é clasificada ás veces coma novela filosófica, se ben o seu autor non comparte esta opinión, pois sitúa a obra -incluíndo especificamente esta novela- alén da filosofía e da psicoloxía, tentando atopar a esencia existencial das personaxes[1].

Está ambientada en Praga en 1968, durante a invasión de Checoslovaquia por parte da URSS e outros países do Pacto de Varsovia. Trata dun home e as súas dúbidas existenciais perante a vida en parella, convertidas en conflitos sexuais e afectivos. A novela relata escenas da vida cotiá, trazadas cun profundo sentido transcendental: a inutilidade da existencia e a necesidade do eterno retorno de Nietzsche polo cal todo o vivido ten que se repetir eternamente, só que ao volver faino dun xeito distino, xa non fugaz como acontecera ao principio.

O home xamais pode saber que debe querer, xa que só vive unha vida e non ten xeito ningún de comparala coas súas vidas precedentes nin de enmendala nas súas vidas posteriores.

Notas editar

  1. Kundera, Milan (1987). Tusquets Editores, S.A, ed. El arte de la novela: Diálogo sobre el arte de la novela (en castelán) (2007: 3.ª ed.). Barcelona. ISBN 978-84-8310-690-7. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar