Ner Tamid

Ner Tamid (Luz Perpetua en hebreo) é o nome dunha comunidade xudía galega, radicada na cidade da Coruña, a primeira que se formou en Galicia dende o Edicto de expulsión dos Reis Católicos do 1492, exactamente 515 anos despois [1]. A comunidade formouse no verán do 2007, a partir dun grupo informal que se xuntaba para estudar e comentar a Torá, así coma para celebrar o Shabat e outras festas xudías.

A Comunidade actualmente está integrada por medio cento de familias de toda Galicia. Os seus membros son tanto xudeus de orixe asquenací e sefardí coma conversos. En canto ás tendencias, malia a súa adscrición ao xudaísmo reformista, os seus membros son de calquera tendencia, coma a ortodoxa, a masortí, ou a reformista.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar