Nemzeti dal

Nemzeti dal (en húngaro: Canto Nacional) é un poema patriótico húngaro escrito en 1848 polo poeta Sándor Petőfi que serviu de detonante para a revolución húngara de 1848 contra o poder absoluto dos Habsburgo sobre Hungría.

Poeta húngaro Sándor Petőfi, autor do Nemzeti dal.

O poema foi recitado por primeira vez publicamente no café Pilvax en Pest o 15 de marzo de 1848, onde se reunía Sándor Petőfi e os seus amigos intelectuais Mór Jókai, Pál Vasvári e Gyula Bulyovszky. O poema xunto cos chamados 12 puntos que esixían máis independencia do poder absoluto dos Habsburgo pronto foron declamados por toda a cidade, enchéndose as rúas húngaras de enxeñeiros, médicos, profesores, iniciándose así a protesta contra os austríacos.

Manuscrito orixinal do Nemzeti dal.

PoemaEditar

Húngaro Galego

Talpra magyar, hí a haza!
Itt az idő, most vagy soha!
Rabok legyünk, vagy szabadok?
Ez a kérdés, válasszatok! -
A magyarok istenére
Esküszünk,
Esküszünk, hogy rabok tovább
Nem leszünk!

Rabok voltunk mostanáig,
Kárhozottak ősapáink,
Kik szabadon éltek-haltak,
Szolgaföldben nem nyughatnak.
A magyarok istenére
Esküszünk,
Esküszünk, hogy rabok tovább
Nem leszünk!

Sehonnai bitang ember,
Ki most, ha kell, halni nem mer,
Kinek drágább rongy élete,
Mint a haza becsülete.
A magyarok istenére
Esküszünk,
Esküszünk, hogy rabok tovább
Nem leszünk!

Fényesebb a láncnál a kard,
Jobban ékesíti a kart,
És mi mégis láncot hordunk!
Ide veled, régi kardunk!
A magyarok istenére
Esküszünk,
Esküszünk, hogy rabok tovább
Nem leszünk!

A magyar név megint szép lesz,
Méltó régi nagy hiréhez;
Mit rákentek a századok,
Lemossuk a gyalázatot!
A magyarok istenére
Esküszünk,
Esküszünk, hogy rabok tovább
Nem leszünk!

Hol sírjaink domborulnak,
Unokáink leborulnak,
És áldó imádság mellett
Mondják el szent neveinket.
A magyarok istenére
Esküszünk,
Esküszünk, hogy rabok tovább
Nem leszünk!

De pé húngaro, a patria chama!
Eis o momento, agora ou nunca!
Seremos escravos, ou libres?
Esta é a pregunta, contestade! -
Ao Deus dos húngaros
Xurámoslle,
Xurámoslle, que escravos
Nunca máis seremos!

Escravos fomos até agora,
Os nosos antepasados malditos,
Quen libremente viviron e morreron,
Nesta terra de escravos non poden descansar en paz.
Ao Deus dos húngaros
Xurámoslle,
Xurámoslle, que escravos
Nunca máis seremos!

Home canalla de ningún lado,
Quen, se é preciso, non se atreve a morrer,
Para quen é máis prezada a súa mísera vida,
Que a honra da súa patria.
Ao Deus dos húngaros
Xurámoslle,
Xurámoslle, que escravos
Nunca máis seremos!

Máis luminosa é a espada que a cadea,
Mellor adorna o brazo,
E aínda seguimos levando cadeas!
Vén a nós, vella espada!
Ao Deus dos húngaros
Xurámoslle,
Xurámoslle, que escravos
Nunca máis seremos!

O nome húngaro será novamente fermoso,
A súa excelsa e antiga fama;
Lavemos a afronta!
Que os séculos nos lixaron,
Ao Deus dos húngaros
Xurámoslle,
Xurámoslle, que escravos
Nunca máis seremos!

Onde se atopan as nosas tumbas,
Os nosos netos axeónllanse,
Dirán os nosos santos nomes
Canda unha bendita oración.
Ao Deus dos húngaros
Xurámoslle,
Xurámoslle, que escravos
Nunca máis seremos!

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar