Nemanja Radović

baloncestista montenegrino

Nemanja Radović, nado o 11 de novembro de 1991 en Berane, é un xogador profesional de baloncesto montenegrino que xoga para o UCAM Murcia da Liga ACB. Cunha estatura de 2,08 metros pode xogar nas posicións de ala e ala-pivote.

Nemanja Radović
UCAM Murcia  – No. 11
Información persoal
Nacemento 11 de novembro de 1991 (32 anos)
Berane, Montenegro
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 95 kg (209 lb)
Posición Ala / Ala-pivote
Información da carreira
Carreira 2008−presente
Historial de equipos
Mornar Bar (2008–2011)
Budućnost Podgorica (2011–2012)
Vršac (2012–2013)
KAOD (2013)
Mega Vizura (2013–2014)
Murcia (2014–2017)
Obradoiro (2017–2018)
Zaragoza (2018–2020)
Murcia (2020–presente)

Traxectoria editar

O 1 de agosto de 2017, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB por unha tempada.[1]

O 1 de xullo de 2018, anunciouse a fichaxe de Radović polo Tecnyconta Zaragoza da Liga ACB por dúas tempadas.[2] O 23 de xuño de 2019, renovou unha tempada máis co Zaragoza.[3]

O 7 de xullo de 2020, Radović asinou un contrato dun ano con opción a outro máis co UCAM Murcia.[4] O 30 de maio de 2021, anunciouse a renovación de Radovic co Murcia ata 2023.[5]

Notas editar

  1. "El Monbus Obradoiro ficha a Nemanja Radovic". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2017. Consultado o 01 de agosto de 2017. 
  2. "Nemanja Radovic se convierte en el primer fichaje de Tecnyconta Zaragoza". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2018. 
  3. "Nemanja Radovic seguirá una temporada más en Tecnyconta Zaragoza". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xuño de 2019. 
  4. Nemanja Radovic vuelve a UCAM Murcia
  5. Nemanja Radovic extends with UCAM Murcia until 2023

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar