Neguri Gane

Coordenadas: 38°32′40.13″N 00°07′17.20″O / 38.5444806, -0.1214444

Neguri Gane.

O Neguri Gane é un rañaceos da cidade de Benidorm, na provincia de Alacant. Con 145 metros de altura e 40 plantas é o quinto máis alto da cidade e un dos edificios de vivendas máis altos de España. O nome Neguri Gane ("Alto da Cidade de Inverno" en éuscaro) fai referencia ao barrio de Neguri do municipio biscaíño de Getxo.

CaracterísticasEditar

O rañaceos foi construído no ano 2002, o que lle deu a primeira posición nos rañaceos máis altos de Benidorm, pero isto durou tan só uns meses, xa que o Gran Hotel Bali foi construído nese mesmo ano, e mide 41 metros máis, 186. O Neguri Gane quitoulle o posto de máis alta de Benidorm á Torre Levante, de 120 metros de altura e en primeira liña de praia, que foi construída en 1985. Ten unha piscina na planta 26. Os seus arquitectos son Pérez-Guerras Arquitectos & Ingenieros e Julio Pérez Gegundez, e foi promovido polo biscaíño Jose Ignacio de la Serna.

A estrutura en formigón armado, foi calculada e deseñada polo Estudo de Enxeñaría Florentino Regalado & Asociados.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar