Nefrozoos

Os nefrozoos (Nephrozoa) son un dos grandes clados en que se dividiron os animais bilaterais, subdividido en protóstomos e deuteróstomos, que contén case todos os filos de animais con aproximadamente un millón de especies. O seu clado irmán é o dos Xenacoelomorpha. Os Ambulacraria (convencionalmente deuteróstomos) eran antes considerados un grupo irmán dos Xenacoelomorpha, formando os Xenambulacraria como Deuteróstomos basais ou Bilateria basais, o que invalidaba os Nephrozoa e os Deuteróstomos en previos estudos.[1][2][3] O celoma, o tracto dixestivo, os órganos excretores (nefridios), e os cordóns nerviosos están desenvolvidos nos Nephrozoa.[4] Argumentouse que, debido a que os protonefridios só se atopan nos protóstomos, non poden considerarse como unha sinapomorfía deste grupo. Isto faría que Nephrozoa fose un nome inapropiado, quedando Eubilateria como nome deste clado.[5]

Os cordados (que inclúen todos os vertebrados) son deuteróstomos.[6] Parece moi probable que o fósil de hai 555 millóns de anos Kimberella fose un protóstomo.[7][8] De ser así, isto significa que as liñaxes dos protóstomos e os deuteróstomos deberon de separarse algún tempo antes de que aparecese Kimberella, polo menos hai 558 millóns de anos e, por tanto, bastante antes do comezo do Cámbrico hai 538,8 millóns de anos.[6]


Bilateria

Xenacoelomorpha Proporus sp.png

Nephrozoa
Deuterostomia

Chordata Common carp (white background).jpg

540 ma
Ambulacraria

Echinodermata Portugal 20140812-DSC01434 (21371237591).jpg

Hemichordata Saccoglossus kowalevskii by Spengel 1893.png

Protostomia

Ecdysozoa Long nosed weevil edit.jpg

Spiralia Grapevinesnail 01.jpg

610 ma
650 ma

NotasEditar

  1. Philippe, Hervé; Poustka, Albert J.; Chiodin, Marta; Hoff, Katharina J.; Dessimoz, Christophe; Tomiczek, Bartlomiej; Schiffer, Philipp H.; et al. (2019). "Mitigating Anticipated Effects of Systematic Errors Supports Sister-Group Relationship between Xenacoelomorpha and Ambulacraria". Current Biology 29 (11): 1818–1826.e6. ISSN 0960-9822. PMID 31104936. doi:10.1016/j.cub.2019.04.009. hdl:21.11116/0000-0004-DC4B-1. 
  2. Marlétaz, Ferdinand (2019-06-17). "Zoology: Worming into the Origin of Bilaterians". Current Biology 29 (12): R577–R579. ISSN 0960-9822. PMID 31211978. doi:10.1016/j.cub.2019.05.006. 
  3. Kapli, Paschalia; Telford, Maximilian J. (11 de decembro de 2020). "Topology-dependent asymmetry in systematic errors affects phylogenetic placement of Ctenophora and Xenacoelomorpha". Science Advances 6 (10). PMC 7732190. doi:10.1126/sciadv.abc5162. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  4. Cannon, Johanna Taylor; Vellutini, Bruno Cossermelli; Smith, Julian; Ronquist, Fredrik; Jondelius, Ulf; Hejnol, Andreas (2016). "Xenacoelomorpha is the sister group to Nephrozoa". Nature 530 (7588): 89–93. Bibcode:2016Natur.530...89C. PMID 26842059. doi:10.1038/nature16520. 
  5. "Animal Evolution: Interrelationships of the Living Phyla. Third Edition. By Claus Nielsen. Oxford and New York: Oxford University Press ISBN 978-0-19-960602-3 (hc); 978-0-19-960603-0 (pb). 2012.". The Quarterly Review of Biology 87 (3): 258. setembro de 2012. ISSN 0033-5770. doi:10.1086/666815. 
  6. 6,0 6,1 Erwin, Douglas H.; Eric H. Davidson (1 de xullo de 2002). "The last common bilaterian ancestor". Development 129 (13): 3021–3032. PMID 12070079. 
  7. Fedonkin, M.A.; Simonetta, A; Ivantsov, A.Y. (2007), "New data on Kimberella, the Vendian mollusc-like organism (White sea region, Russia): palaeoecological and evolutionary implications", in Vickers-Rich, Patricia; Komarower, Patricia (eds.), The Rise and Fall of the Ediacaran Biota, Special publications, vol. 286, Londres: Geological Society, pp. 157–179, doi:10.1144/SP286.12, ISBN 9781862392335, OCLC 156823511
  8. Butterfield, N.J. (decembro de 2006). "Hooking some stem-group "worms": fossil lophotrochozoans in the Burgess Shale". BioEssays 28 (12): 1161–6. PMID 17120226. doi:10.1002/bies.20507. 

BibliografíaEditar



 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.