Ned's Atomic Dustbin

Ned's Atomic Dustbin é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Stourbridge, West Midlands, en novembro de 1987. A banda toma o seu nome dun episodio do programa cómico de radio The Goon Show.[1] A banda utiliza dous baixistas na súa formación: Alex Griffin toca liñas melódicas cun baixo, e Matt Cheslin toca as liñas de baixo co outro. Isto dálle á banda un grave son hardcore tenso con efectos de distorsión de guitarra e baterías enerxéticas.[1]

Ned's Atomic Dustbin
OrixeStourbridge, Inglaterra Inglaterra
Período1987 - 1995
2000 - presente
Xénero(s)rock alternativo, power pop, grebo, indie punk
Selo(s) discográfico(s)Furtive, Sony, Columbia, Spitfirepink
MembrosJonn Penney
Alex Griffin
Dan Worton
Gareth "Rat" Pring
Matt Cheslin
Antigos membrosAndy King
Martin Warlow
Wiz
Na rede
nedsatomicdustbin.com
Facebook: nedsatomicdustbin Twitter: nedsatomictweet MySpace: nedsatomicdustbin Last fm: Ned’s+Atomic+Dustbin Musicbrainz: 5ecee847-839a-4b9e-aae1-0e3b5dcea2ea Songkick: 499268 Discogs: 28459 Allmusic: mn0000324646 Editar o valor em Wikidata

A banda formouse no sexto curso da escola e gravou o seu primeiro álbums cando algúns dos seus membros aínda eran adolescentes. Isto fixo que tivese unha gran base de seareiros adolescentes cunha reputación de gozar facendo crowd-surfing e moshing nos seus concertos. A banda tamén destacou (e de cando en vez era ridiculizada) pola súa estética inicial, que consistía en cabelo rizado uniformemente e unha predilección por pantalóns curtos deportivos e camisetas de bandas e skateboard. "The Neds" (como a banda é coñecida polos seus seguidores) eran ben coñecidos polas súas propias camisetas, chegando a producir 85 deseños diferentes en tan só tres anos (1987-1990). En 2009 Jonn Penney dixo, "aínda estamos engadindo deseños, os vellos hábitos tardan en morrer".[2]

Historia editar

O líder e cofundador Jonn Penney listou a Joni Mitchell, Echo & the Bunnymen, The Cure e The Teardrop Explodes entre os seus artistas favoritas. Entre os seus álbums favoritos están Closing Time de Tom Waits e Architecture & Morality de Orchestral Manoeuvres in the Dark (OMD). Ned's Atomic Dustbin gañou rapidamente unha base de fans despois de que os heroes locais The Wonder Stuff lles ofrecesen tocar con eles nas súas xiras de 1989 e 1990 polo Reino Unido. En 1990 Ned's Atomic Dustbin asinou co selo independente de Birmingham Chapter 22 Records que lanzou o seu EP de estrea, The Ingredients EP, seguido polo sinxelo "Kill Your Television", acadando o número 92 e 53 respectivamente na lista británica de sinxelos. "Kill Your Television" tamén chegou ao número 1 da lista de sinxelos independentes británica. Isto, combinado coa súa boa reputación ao vivo, atraeu a unha gran multitude á súa aparición vespertina no escenario principal do Reading Festival en agosto de 1990. O rumor creado foi o suficientemente significativo como para catalizar o interese dos grandes selos. Seguiulle o derradeiro sinxelo con Chapter 22, "Until You Find Out", pero problemas de distribución fixeron que moitos fans non puidesen mercalo, truncando así o seu progreso nas listas. Finalmente estancouse no número 51. Frustrada, a banda decidiu finalmente asinar con Sony Records, coa condición de que se lles permitise lanzar a súa música a través do seu propio selo, Furtive, conservando así un alto grao de control creativo mentres se beneficiaban da distribución e da publicidade dun gran selo.

En marzo de 1991 Ned's Atomic Dustbin chegou ao top 20 británico co seu seguinte sinxelo, "Happy", a súa estrea con Sony/Furtive. O tema chegaría ao número 16 e conseguiulle á banda a primeira das súas dúas aparicións en Top of the Pops. Publicaron o seu álbum de estrea, God Fodder, pouco despois, en abril de 1991, sendo número 4 na lista de álbums británica. En xullo de 1991 a revista musical británica NME destacou que a banda estaba, xunto con The KLF, Seal, The La's e Electronic, deixando a súa pegada nos Estados Unidos.[3] A banda publicou un novo sinxelo no Reino Unido, "Trust", a finais de 1991, mentres que nos Estados Unidos lanzaba as versións de "Kill Your Television" e "Grey Cell Green" do God Fodder, sendo o vídeo da última un grande éxito no programa da MTV 120 Minutes. En 1991 a banda realizou unha xira mundial con, entre outros, Mega City Four, Senseless Things e Jesus Jones. Gravaron o seu segundo álbum de estudio, Are You Normal?, in 1992,[4] e este foi promocionado polos sinxelos "Not Sleeping Around", "Intact" e, nalgúns territorios europeos, "Walking Through Syrup".

Tras ser cabeza de cartel no escenario NME do Glastonbury Festival en 1992, a banda pasou os seguintes anos realizando unha xira mundial, publicando un recompilatorio de material antigo inédito e dous novas cancións chamadas "0.522" en 1994, antes de partir cara Gales para gravar o seu derradeiro álbum, Brainbloodvolume. Aínda que mantiña a sensibilidade melódica típica da banda, este traballo tiña un son máis pesado e diverso que os seus anteriores lanzamentos, afastándose da súa distintiva configuaración de dobre baixo para incorporar samplers e teclados. Sony publicou o álbum nos Estados Unidos antes de lanzalo no Reino Unido, facendo que os seu maiores fans o mercaran de importación. Este feito danou a súa posición nas listas británicas cando finalmente foi editado domesticamente, incrementando a tensión entre a banda e o selo.

Ned's Atomic Dustbin tivo o seu derradeiro sinxelo no top 40 británico con "All I Ask of Myself Is That I Hold Together" en 1995, seguido pola súa derradeira aparición en The Word, while the uncharacteristically slow number, "Stuck", converteuse no derradeiro sinxelo da banda, entrando na lista B da BBC Radio One. En 1995, tras unha longa xira polos Estados Unidos para promocionar Brainbloodvolume, Ned's Atomic Dustbin separouse en Nova York tras o que sería o seu derradeiro concerto.

O cantante Penney formou un novo grupo, Groundswell (inicialmente co guitarrista de Ned's Atomic Dustbin, Rat), que gravou un sinxelo, "Corrode", e un álbum de estudio, Plausible/Infeasible, para o selo indie de Nova Jersey Gig Records. O grupo separouse pouco despois, publicándose de feito o disco despois da súa disolución.

Ned's Atomic Dustbin actuou en 2000 por vez primeira tras a súa disolución inicial nun concerto en Dudley cos membros de Groundswell Andy King e Martin Warlow no lugar de Mat Cheslin e Rat. Orixinalmente vendido como "os derradeiros 30 minutos de Ned's Atomic Dustbin", foi pensado como unha oportunidade para despedirse axeitadamente dos fans británicos que nunca puideron ver un espectáculo final de Ned. Porén, o rotundo éxito convenceu aos membros da banda a seguir traballando xuntos, polo que seguiron tocando esporadicamente dende entón.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
God Fodder 1991 Furtive
Are You Normal? 1992 Furtive
Brainbloodvolume 1995 Furtive
One More: No More 2001 Gig
Terminally Groovy: The Best of Ned's Atomic Dustbin 2003 Castle
Session 2004 Shakedown
Some Furtive Years: A Ned's Anthology 2007 Camden
Reunited: 21 Years 21 Songs 2009 Nyquest
KYTV 25: Live at Koko 2015 Nyquest
Ned's Acoustic Dustbin 2019 Good Deeds

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Information on Neds Atomic Dustbin". web.archive.org. 2009-01-07. Archived from the original on 07 de xaneiro de 2009. Consultado o 2022-06-20. 
  2. "Ned’s Atomic Dustbin interview". The Digital Fix. Consultado o 2022-06-21. [Ligazón morta]
  3. Tobler, John (1992). NME Rock 'N' Roll Years (1ª ed.). Londres: Reed International Books Ltd. p. 486. CN 5585.
  4. "Ned's Atomic Dustbin: Information from". Answers (en inglés). Consultado o 2022-12-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar