Naxma Idris

escritora kuwaití


Naxma Abdala Idris (árabe: نجمة عبدالله إدريس), nada en Kuwait o 25 de decembro de 1952, é unha escritora, xornalista e profesora kuwaití.

Infotaula de personaNaxma Idris

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Cidade de Kuwait Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeKuwait Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de estudos orientais e africanos
Universidade de Kuwait Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArabic novel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncolumnista , poeta , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1976 graduouse na Universidade de Kuwait en literatura árabe. En 1987 doutorouse pola Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres, cunha tese sobre "O concepto da morte e o seu desenvolvemento na poesía árabe moderna". Deu clase no ensino secundario en Kuwait entre 1976 e 1981, e na Universidade de Kuwait entre 1987 e 2007. Idrees comezou a escribir poesía e investigar cando estaba na Universidade. Publicou a maior parte dos seus primeiros traballos na revista Al-Bayan, publicada pola Asociación de Escritores de Kuwait[1]. Uniuse á Asociación de Escritores de Kuwait sendo nova, e atopou moito apoio por parte dos demais membros, e con este estímulo comezou a participar en recitais organizados pola asociación. En 2010 pasou a ser redactora xefe da revista Al-Bayan.

Adoita participar na Semana Cultural que organiza o Consello Nacional de Cultura, Artes e Literatura[2] que ten lugar anualmente en diferentes países de fala árabe. A primeira participación de Idrees coa NCCAL foi en Marrocos en 1979, durante a cal formou parte da delegación cultural de Kuwait. Desde entón participou en conferencias, foros culturais e recitais en ligares como Bagdad, O Cairo, os Emiratos Árabes Unidos, París, Rabat, Tunes, Arxel, Muscat ou Iemen.

Publica unha columna semanal no xornal Al-Jarida[3], ademais de artigos para revistas mensuais e discusións abertas na prensa local e entrevistas de radio.

Recoñecementos editar

  • Premio de Literatura do Estado de Kuwait (2002) [4]
  • Arab Women Award (Kuwait, 2013) [5]

Obra editar

  • تتكسّر لغتي .. أنمو ("A miña lingua racha... eu medro", 2004)[6]

Notas editar

  1. Al-Bayan, revista da Asociación de Escritores de Kuwait-
  2. "NCCAL". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  3. "Najma Idrees en Al Jarida". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  4. "الشيخ احمد الفهد يعتمد اسماء الفائزين بجوائز الدولة التقديرية والتشجيعية", Kuwait news Agency, 22 de novembro de 2002 (en árabe).
  5. Arab Woman Awards Arquivado 10 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., 2013.
  6. تتكسّر لغتي .. أنمو, Google Books.