Nawal El Moutawakel

atleta marroquí

Nawal El Moutawakel, nada en Casablanca o 15 de abril de 1962, é unha atleta marroquí que gañou a medalla de ouro dos 400 metros valados nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984, converténdose así na primeira muller dun país islámico que gañaba unha medalla olímpica e na primeira muller africana que gañaba unha medalla de ouro.[1][2][3]

Infotaula de personaNawal El Moutawakel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Casablanca, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Member of the House of Representatives of Morocco (en) Traducir
14 de outubro de 2016 – 15 de xullo de 2021

Circunscrición electoral: Women national constituency (en) Traducir

Minister of Youth and Sport (en) Traducir
15 de outubro de 2007 – 29 de xullo de 2009 – Moncef Belkhayat (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMarrocos Editar o valor em Wikidata
EducaciónIowa State University (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura162 cm Editar o valor em Wikidata
Peso65 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , atleta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoNational Rally of Independents (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaÁrabe e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportiva400 metros com barreiras (pt) Traducir
100 metros com barreiras (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14358616 Olympic.org: nawal-el-moutawakel Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Empezou a correr con 15 anos nunha pista sucia e con grava miúda, pero axiña se viu que era quen de gañar a todos os mozos e mozas da súa idade nas probas de velocidade. Por iso pasou a estar dirixida polo adestrador francés Jean François, que se converteu no seu mentor. El foi quen a introduciu nos 400 m valados, unha proba moi pouco practicada polas mulleres nese tempo. Moitos dicían que era un erro porque Nawal era demasiado baixa de estatura para pasar con soltura os valos.

En 1981 participou na Copa do Mundo de Roma correndo os 100 m. lisos en representación de África, acabando en último lugar.

Nos Campionatos do Mundo de Helsinqui 1983, chegou até as semifinais dos 400 m. valados, o cal foi considerado un grande éxito no seu país. Ese mesmo ano gañou o ouro nos Xogos do Mediterráneo celebrados en Casablanca.

Nos Ánxeles 84 foi a primeira vez que se celebraba a proba dos 400 m. valados para mulleres nuns Xogos, e a vitoria de Moutawakel foi unha gran sorpresa pois non contaba como favorita. Porén, dominou a carreira dende o principio e impúxose cunha marca de 54,61s sacando máis de medio segundo de vantaxe á estadounidense Judi Brown (prata con 55,20s) e á romanesa Cristeana Cojocaru (bronce con 55,41s). Daquela, Nawal estudaba nos Estados Unidos, concretamente na Universidade de Iowa[4] onde recibira unha bolsa. No seu país converteuse nunha heroína nacional, e mesmo o rei de Marrocos decretou que todas as nenas nadas o día da súa vitoria terían que levar o nome de Nawal en honra á campioa olímpica.[5]

En 1985 ocupou o cuarto lugar na Copa do Mundo celebrada en Camberra. En 1987 gañou a medalla de ouro nos Xogos do Mediterráneo celebrados en Latakia, revalidando o seu título de catro anos antes en Casablanca. Ese mesmo ano gañou o ouro na Universiada de Belgrado.

Nawal El Moutawakel retirouse das pistas en 1987, con só 24 anos, e dedicouse a partir de entón a utilizar a súa imaxe para promocionar o desenvolvemento da muller no deporte, especialmente nos países islámicos.

En 1995 foi elixida membro do Consello Directivo da Federación Internacional de Atletismo (IAAF) e tres anos despois, en 1998 elixírona membro do Comité Olímpico Internacional (COI). Dentro deste organismo, foi a presidenta da comisión avaliadora que decidiu a cidade sede dos Xogos Olímpicos de 2016.[6]

Notas editar

  1. Billings, Andrew C. (2008). Olympic media. Nova York: Routledge. p. 3. ISBN 0-415-77250-8. Consultado o 20 de marzo de 2009. taiwan winter olympics boycott. 
  2. Nawal El Moutawakel Wise Muslim Women. Consultado o 9 de maio de 2011
  3. Benbachir, Simo (21 de xullo de 2019). "El Moutawakel… la championne qui trône sur le cœur des Marocains". Maroc Local et Nouvelles du Monde | Nouvelles juives du Maroc, dernières nouvelles (en francés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  4. Sarah Duguid (9 de xuño de 2012). "The Olympians: Nawal el-Moutawakel, Morocco". Financial TImes Magazine. 
  5. "Olympic report" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de maio de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  6. IOC Announces 2016 Summer Games Evaluation Commission Arquivado 26 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.