Natividad González Laso
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Natividad González Laso, nada en Xinzo de Limia o 24 de decembro de 1953, é unha política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1953 ![]() Xinzo de Limia, España ![]() |
![]() | |
Representa: Partido dos Socialistas de Galicia 27 de xuño de 2021 – ← Pilar Cancela Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarLicenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Desenvolvemento Territorial pola Universidade Autónoma de Madrid e posgrao en Planificación e Desenvolvemento Local pola Universidade da Coruña. Traballou como coordinadora técnico-didáctica de programas de inserción e emprego no Centro de Formación en Novas Tecnologías de Ferrol e foi xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa Noroeste nos concellos da comarca de Ferrol e Ortegal. Militante do PSdeG-PSOE dende 1989, formou parte das executivas locais de Narón e Ferrol, da Executiva Nacional Galega, do Comité Nacional Galego e da Executiva Provincial da Coruña. Nas eleccións autonómicas de 2001 foi elixida deputada do Parlamento de Galicia. Incorporouse ao gabinete da Consellería de Sanidade en 2005 e en 2008 foi nomeada comisionada para a Seguridade Vial de Galicia. Foi concelleira e portavoz do Grupo Municipal do PSdeG no Concello de Ferrol en 2011. Dende setembro de 2017 é asesora do alcalde de Ortigueira.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "González Laso, Natividad". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Biografía Arquivado 30 de outubro de 2020 en Wayback Machine.