Natasha Vázquez Ruiz

xornalista e cineasta cubana


Natasha Vázquez Ruiz, nada en Moscova o 30 de abril de 1967[1] é unha xornalista e cineasta cubana de orixe galega.[2]

Infotaula de personaNatasha Vázquez Ruiz
Biografía
Nacemento(es) Natalia Vázquez Ruiz Editar o valor em Wikidata
30 de abril de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine , xornalista Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0904815 Editar o valor em Wikidata

Ten dirixido e producido diversos documentais, a maioría relacionados coa emigración galega a Cuba, cos que gañou numerosos premios, entre eles a Medalla Castelao.

Traxectoria editar

Graduouse en Xornalismo Internacional no Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova en 1989 e traballou como xornalista en diversos medios de comunicación cubanos e internacionais como Radio Metropolitana e CHTV, da Habana, Televisión Cubana ou Sputnik.[3]

En 1998 dirixiu xunto a Rigoberto Senarega, o documental Caballero de la Habana, centrado na figura de José María López Lledín, alcumado El caballero de París. A partir do ano 2000 dirixiu para Televisión Cubana varios documentais como Repartiendo el corazón, que repasa a traxectoria de Frank País; La bella Otero, sobre a vida da Bela Otero; Y es bello vivir, sobre a esclerose múltiple; ou Madre del Alma, que afonda na relación de José Martí con súa nai.

En 2004 dirixiu con Ernesto Daranas Los últimos gaiteiros de La Habana, un documental sobre Eduardo Lorenzo, gaiteiro galego-cubano, e sobre a súa volta a Galicia. A ese documental seguíronlle outros dous sobre emigrantes galegos en Cuba, Fillas de Galicia (2005)[4] e Gallegos: oficio de emigrantes (2008), ambos con guión de Ernesto Daranas. Tamén en 2008 produciu o documental Peregrinos, de Daranas.[5] Polos seus documentais sobre emigrantes de Galicia, Natasha, Ernesto Daranas e Rigoberto Senarega, recibiron conxuntamente a Medalla Castelao no ano 2005, as últimas presididas por Manuel Fraga.[6][7]

En 2016 presentou o documental A Illa dos Galegos, como parte do proxecto Son galego, Son cubano, no que Roi Casal lle puxo música ás letras de Xosé Neira Vilas, e que contou tamén coa colaboración doutros artistas como Pablo Milanés ou Laritza Bacallao.[8][9]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. "Natasha Vázquez en Cubacine". www.cubacine.cult.cu (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2019. Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  2. "Entrevista a Natasha Vázquez e Ernesto Daranas sobre a rodaxe de 'Los últimos gaiteiros de la Habana' e a súa relación con Eduardo Lorenzo". CRTVG. Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  3. "Artigos de Natasha Vázquez en Sputnik". www.mundo.sputniknews.com (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  4. "Documentalismo para recuperar e difundir a memoria dun país". La Voz de Galicia. 14 de novembro de 2005. Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  5. Peregrinos (Youtube). 
  6. "Manuel Fraga subliña o fervente amor a Galicia manifestado polos galardoados coa Medalla Castelao". 28 de xuño de 2005. Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  7. "Fraga entrega as súas últimas Medallas Castelao". Vieiros (xornal). 28 de xuño de 2005. Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  8. "Músico gallego Roi Casal presentará nuevo disco en Cuba junto a Pablo Milanés". La Vanguardia (en castelán). 25 de maio de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  9. "Román Rodríguez destaca que el disco 'Son galego, son cubano' narra la emigración "a través de una de las figuras que mejor la conoció: Neira Vilas"" (en castelán). 16 de xuño de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2019.