Natalija Pogonina

xadrecista rusa


Natalija Pogonina, nada en Vladivostok o 9 de marzo de 1985, é unha gran mestra de xadrez rusa. Desde 2004 foi membro do equipo de Rusia e gañou tres medallas de ouro olímpicas para o seu país.

Infotaula de personaNatalija Pogonina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1985 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Vladivostok, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónSaratov State Academy of Law (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaRusia Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaMestra FIDE (pt) Traducir (2001)
Mestra Internacional Femenina (2002)
Gran Mestra Feminina (2004) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.508 (2014)<
Identificador FIDE4147855 Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Women's Chess Olympiad 2018 (en) Traducir
2016Women's Chess Olympiad 2016 (en) Traducir
2014Women's Chess Olympiad 2014 (en) Traducir
2012Women's Chess Olympiad 2012 (en) Traducir
2010Women's Chess Olympiad 2010 (en) Traducir
2008Women's Chess Olympiad 2008 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpogonina.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: Pogonina Youtube: UCFID3TTB7dJpQExqLhToobA Editar o valor em Wikidata

Tres veces campioa de Europa (unha en Sub-16 e dúas en Sub-18), gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Sub-18 e o Campionato de Europa Feminino, e a medalla de ouro no primeiro International Mind Sports Games. Foi campioa rusa feminina en 2012 e 2018 e número 1 en varios torneos internacionais prestixiosos, entre eles o Bykova Memorial (2006),[1] o Rudenko Memorial (2007) e o Moscova Open (2009).[2]

En 2011 Natalia converteuse na única xadrecista do mundo que gañou simultaneamente a Eurocopa e o Campionato Europeo de Xadrez por Equipos,[3] e en 2013 a única persoa que obtivo os títulos de campioa rusa individual e por equipos. Foi subcampioa no Mundial de Xadrez Feminino por equipos en 2011 e gañou a medalla de bronce en 2013.

En 2015 converteuse en subcampioa do Mundial de Xadrez Feminino.[4]

Vida privada editar

Ten un mestrado en dereito da Academia Estatal de Dereito de Saratov. O 5 de xuño de 2009 casou con Peter Zhdanov[5] e teñen un fillo, Nikolai, nado o 18 de novembro de 2009. É membro de chessgames.com co nome de usuaria "Natalia Pogonina" e ocasionalmente é comentarista e analista de transmisións en vivo de xogos. Tamén é coautora do libro Chess Kamasutra xunto ao seu esposo, malia este non ser publicado finalmente.[6]

Clasificación editar

A cualificación máis alta de Pogonina até a data foi de 2508 en xullo de 2014, cando ocupou o posto número 15 na clasificación mundial de xadrecistas femininas. A súa clasificación máis alta foi o número 14 na lista de mulleres entre abril de 2009 e maio de 2010, cunha cualificación de 2501.[7] En novembro de 2022 a súa cualificación é de 2432.[8]

Notas editar

  1. "Natalija Pogonina wins Bykova Memorial in Vladimir". ChessBase (en inglés). 1 de febreiro de 2006. Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  2. "Moscow Open 2009 C Women April 2009 Russia FIDE Chess Tournament". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  3. Grandmaster Natalia Pogonina on her chess victories in 2011 (Youtube) (en ruso). 
  4. "Mariya Muzychuk Wins Women's World Championship". Chess.com (en inglés). 5 de abril de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  5. "Congratulations to Natalia and Peter, the new chess couple". ChessBase (en inglés). 6 de outubro de 2009. Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  6. "Interview with Natalia Pogonina". BookFlocks (en inglés). 24 de abril de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  7. "The chess games of Natalija Pogonina". Chessgames.com (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2019. 
  8. "Pogonina, Natalija". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2022.