Natalie Imbruglia
Natalie Jane Imbruglia, nada o 4 de febreiro de 1975, é unha cantante e actriz australiana.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1975 (49 anos) Sydney, Australia |
Altura | 1,6 m |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantante, actriz de cinema, modelo, actriz de televisión, compositora de cancións, actriz, artista discográfico |
Período de actividade | 1992 - |
Partido político | Partido Liberal de Australia |
Xénero artístico | Música pop, pop rock e adult contemporary |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | RCA Records Island Records |
Familia | |
Cónxuxe | Daniel Johns (2003–2008) |
Irmáns | Laura Imbruglia |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | natalieimbruglia.com |
|
Traxectoria
editarA segunda de catro irmáns, de pai siciliano -Messina- e nai australiana, Natalie medrou na Costa Central, ao norte de Sydney. Como Jason Donovan e Kylie Minogue, tamén participou na serie de televisión Veciños (Neighbours) antes de comezar a súa carreira de cantante.
O seu primeiro single, "Tom", lanzado en 1997, acadou o número 2 nas listas inglesas, e o seu álbum Left of the Middle vendeu seis millóns de copias. O seguinte en aparecer, en 2001, foi White Lilies Island, que vendeu máis dun millón de copias. En 1999 colaborou con Tom Jones no seu disco Reload.
Imbruglia volveu actuar en 2002 nun papel secundario na parodia de espías Johnny English, xunto con Rowan Atkinson. Casou co seu noivo, Daniel Johns, cantante de Silverchair, despois dun longo período de noivado, o 31 de decembro de 2003.
En abril de 2005, Imbruglia lanzou o seu terceiro traballo de estudio, Counting Down the Days, no Reino Unido, o cal alcanzou o número un en vendas na súa primeira semana. O primeiro single deste álbum foi "Shiver". Este converteuse no seu single máis duradeiro no Reino Unido dende o seu debut. O segundo single foi "Counting Down The Days", lanzado o 25 de xullo, que a pesar de que tivo menos éxito que "Shiver", logrou manter o interese no traballo de Imbruglia.
En 2007 a súa discográfica lanza Glorious: The Singles 97-07 para celebrar o seu décimo aniversario como cantante.
Discografía
editar- Artigo principal: Discografía de Natalie Imbruglia.
Álbums
editar- Left of the Middle (1997) #5 Reino Unido, #10 US, #1 Australia Vendas mundiais: 7.500.000 discos.
- White Lilies Island (2001) #15 Reino Unido, #35 US, #3 Australia Vendas mundiais: 1.520.000 discos.
- Counting Down the Days (2005) #1 Reino Unido, #12 Australia Vendas mundiais: 800.000 discos.
- Glorious: The Singles 97-07 (2007)
Sinxelos
editar- De Left of the Middle:
- "Torn" (27 de outubro de 1997) #2 Reino Unido, #2 Australia, #42 US
- "Big Mistake" (17 de abril de 1998) #2 Reino Unido, #5 Australia
- "Wishing I Was There" (xuño de 1998) #19 Reino Unido, #24 Australia
- "Smoke" (16 de novembro de 1998) #5 Reino Unido, #42 Australia
- De White Lilies Island:
- "That Day" (29 de outubro de 2001) #11 Reino Unido, #10 Australia
- "Wrong Impression" (11 de marzo de 2002) #10 Reino Unido, #33 Australia, #64 US
- "Beauty on the Fire" (22 de xullo de 2002) #26 Reino Unido
- De Counting Down the Days:
- "Shiver" (21 de marzo de 2005) #8 Reino Unido, #19 Australia
- "Counting Down the Days" (25 de xullo de 2005)
- De Glorious: The Singles 97-07:
- "Glorious" (27 de agosto de 2007) #23 Reino Unido
Aparicións
editar- "Troubled by the Way We Came Together" en Go O.S.T. (1999)
- "Never Tear Us Apart" con Tom Jones en Reload (1999)
- "Identify" en Stigmata O.S.T (1999)
- "Cold Air" en Y tu mamá también O.S.T. (2001)
- "Pineapple Head" en She Will Have Her Way (2005)
Versións
editarO tema "Smoke" foi versionado pola banda de rock gótico alemá Dreadful Shadows, no seu disco Apology, no ano 2000.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Natalie Imbruglia |
Ligazóns externas
editar- Portal Imbruglia
- ImbrugliaWebArquivado 01 de decembro de 2019 en Wayback Machine.
- Imbruglia-Inside
- Imbrugliano Blog